DEPORTES
II Marcha BTT Atios 2016
Tres campións de España estarán presentes na proba internacional de BTT ATIOS 2016 que se vai celebrar o domingo 24 de abril. Canda eles tomarán a saída centos de afeccionados á bicicleta de montaña, nunha marcha que na súa segunda edición consolídase como unha das máis atractivas dentro do calendario galego. A proba consta dun recorrido de 35 quilómetros polas fermosas paraxes dos montes de Atios, na súa meirande parte, e pequenos treitos de Budiño, Couso e A Picoña. A primeira metade será non competitiva, pero a partir daí os primeiros clasificados participarán na carreira final polos trofeos.
A saída está programada para as 9:30 dende as inmediacións do campo de fútbol do Carballo. Na metade da ruta, na zona do Roupeiro, está previsto o avituallamento e a continuación a saída neutralizada para os ciclistas que participen na parte competitiva. Aos 200 primeiros inscritos daráselle unha medalla. E tamén haberá premio para os gañadores, é dicir, para os tres primeiros, tanto de categoría feminina como masculina. Tamén se premiará ao corredor máis novo, ao máis vello e ao que proceda de máis lonxe.
A organización fará unha homenaxe a Abel Maceira, veciño de Atios tricampión de España de ciclocross. Ademais obsequiará a Susana Alonso, campioa de España de BTT maratón, a Jose Rodríguez, campión de España de ciclocross e cuarto posto no mundial de EEUU, e a Ramón Troncoso, ciclista profesional, compañeiro de equipo de Óscar Pereiro na famosa Titan Desert, proba de extrema dureza.
Inscrición
Despois de contar con 500 corredores na edición do ano pasado, este ano a organización agarda superar o número de participantes. O prazo para inscribirse remata o día 20, mércores. Para apuntarse hai varias posibilidades: nos teléfonos 658 494 560 e 677 652 988; nos seguintes establecementos colaboradores: cafetería do Centro Cultural de Atios, Qué Bici (Vigo), Tramo Libre (Cangas) e Xtrembike (Pontevedra); ou directamente na entidade Abanca cando se realice o ingreso da inscrición (enviando xustificante a marchabttatios16@hotmail.com). O número de conta é: ES55 2080 5452 6430 0020 6400. O custo son 8 euros. Toda a información está dispoñible en facebook/festavirxedaguía.
Durante o percorrido un dron gravará o paso dos ciclistas polos lugares de máis interese. Estas imaxes poderán ser vistas nunha pantalla xigante instalada na meta, sitauda tamén no campo do Carballo. A organización ofrece tamén un servizo de lavado de bicicletas, asistencia mecánica en ruta, ambulancia e pinchos para todos os participantes.
Patrocinios
O evento conta este ano co patrocinio do Hotel Internacional, que ofrece tarifas económicas para os participantes. Tamén colaboran o Concello do Porriño, a Xunta de Montes de Atios, a Unión Deportiva Atios, e as empresas El Box de Jorge, Tramo Libre, Marci Sport, Augas de Mondariz, Eurobanan, Híper Porriño, Mecánica Rocha, Brooklin, Porriño Producciones, Froiz, Peluquería José Vila, Panadería Chinchina, Pinturas del Louro, Floristería Gina, Dispont, Carnicería Progreso, Talleres Gumerjo, Loxauto, Duatel, Almuíña 08, Panadería Gulpilleira, RS Motor, Zafiro Moda, Carnicería Lugo e KL Peluquería.
Este ano a empresa Estilo de Vida Saludable colabora agasallando a cada participante un estudo nutricional gratuíto, valorado en 40 euros, e un lote de produtos de nutrición da casa Herbalife que será sorteado o día da proba entre todos os corredores inscritos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149