Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 17 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

As concelleiras de Benestar e Traballo do Porriño, en Suecia para asistir aos proxectos de 'Europa para os Cidadáns'

[Img #24215]

 

As concelleiras de Benestar, Soledad Girón, e de Educación, Lourdes Moure, viaxaron a localidade sueca de Kristianstad representando ao Concello na conferencia internacional 'European Local Authorities Integration NetWork' (Rede sobre integración e autoridades locais europeas) dentro do programa 'Europa para os Cidadáns'.

 

As actividades do proxecto están orientadas á integración por medio do emprendimento e os programas de emprego e nas mesmas, ademáis do Concello do Porriño, estarán representantes dos servizos públicos de emprego de Suecia; autoridades locais da cidade de Göteborg-que presentarán un proxecto de educación profesional-de Malmö, que ven de desenrolar unha iniciativa para a promoción do autoemprego e espirito empresarial de xoves en situación de exclusión; o alcalde de Hässeleholm ou o representante da UE en Suecia.

 

As concelleiras porriñesas, compartirán as súas experiencias con representantes locais de Dinamarca, Reino Unido e Holanda, ademáis de Suecia, de cara á implementación de ideas e iniciativas semellantes no Porriño, como a posta en marcha da Escola de Canteiría en Torneiros.

 

A esta conferencia seguirán, os vindeiros 13 a 15 de xuño, a que se celebrará na localidade británica de Ipswich, en Suffolk, na que os representantes municipais tratarán da importancia da colaboración co voluntariado na integración de inmigrantes; e a III Conferencia de Catoira, sobre o deporte como canle de integración para refuxiados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.