Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 16 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

A parroquia mosense de Pereiras acolle a súa III Carreira Popular

Celebrarase o vindeiro 17 de abril organizada pola Asociación de Festas San Miguel-Comisión Libramento.

A parroquia de Pereiras-Mos acollerá por terceiro ano consecutivo unha carreira popular que se celebrará o vindeiro 17 de abril ás 10:30 horas da mañá, organizada pola Asociación de Festas San Miguel de Pereiras-Comisión Libramento 2016.

 

Esta carreira popular que chega á súa 3ª edición, é xa unha cita obrigada para moitos deportistas asiduos ao circuito de carreiras populares da provincia e oportunidade única para os que se inician no "running".

 

A carreira presenta as opcións de 10 quilómetros e 5 quilómetros. A categoría absoluta  vai dirixida a maiores de 18 anos. Os corredores que se inscriban na carreira de 10 quilómetros percorrerán un circuito de dificultade media-alta de asfalto con dous pequenos tramos en terra. Os corredores que opten pola carreira de 5 quilómetros farano por un circuito de asfalto sen desniveis de dificultade baixa, ideal para os debutantes e experimentados que queiran facer marca.
 


Este ano ademáis a proba dá cabida aos más pequeños organizando una carreira para nenos ao término da de adultos.

 

Nesta terceira edición a proba terá como madriña a destacada atleta mosense Soledad Castro Soliño (Sole).

 

Para obter máis información sobre a proba pódese consultar o perfil de Facebook https://www.facebook.com/carrerapopularpereiras/

 

As inscricións on line realizaranse na web www.cronotec.es e para inscribirse presencialmente deberán acudir a Deportes González na Avenida de Sanguiñeda, 149 - 36419 Mos.

 

Os prezos por inscrición son de 5 euros ata o 4 de abril (incluido) e 7 euros dende o 5 ata o 15 de abril. Os nenos poderán participar gratuitamente.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.