Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 17 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos anuncia a implantación do disco vermello que dobra o tempo de estacionamento para as persoas con discapacidade

Os interesados poden recoller os seus discos no Rexistro do Concello ou nas oficinas da Policía Local.

[Img #24232]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informaba esta semana do "éxito de implantación do sistema da Zona Azul en Puxeiros, que permitiu ordear o aparcadoiro na zona, permitindo que agora sempre queden lugares libres para aparcar dándolle moitas facilidades ós condutores". Esta medida repercutiu nunha visible optimización da ordenación do aparcadoiro nesta zona con gran presencia de servizos e negocios, así coma de tráfico tanto rodado coma peonil e unha crecente actividade.


Ademais a rexedora local mosense e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, anunciaron tamén que xa é efectiva a implantación do disco vermello para o estacionamento de minusválidos na Zona Azul de Puxeiros.
Unha vez aprobada a modificación da Ordenanza no Pleno Odinario do mes de febreiro, xa están dispoñibles os discos de cor vermella no Concello para que poidan solicitalos as persoas con discapacidade.


O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou por unanimidade dos seus membros a modificación da Ordenanza Reguladora do Estacionamento con Horario Limitado Gratuíto, Zona Azul. Modificación que contempla a posibilidade de que os vehículos para persoas con discapacidade poidan estar máis tempo aparcados na Zona Azul de Puxeiros, duplicando a estancia, que podería ser de ata tres horas de duración, en lugar de unha e media como o resto de vehículos. O de Mos caracterízase por ser un Concello concienciado coa discapacidade e moi volcado cos colectivos de persoas discapacitadas.


No resto dos casos o estacionamento gratuíto con horario limitado (Zona Azul) regúlase co disco xenérico de cor azul que os interesados tamén teñen aínda dispoñible no Concello. Estes discos están a disposición dos veciños no Rexistro Xeral do Concello e na sede da Policía local de Mos.


Esta medida ten como obxectivo a rotación e reparto igualitario das prazas de estacionamento de vehículos do termo municipal de Mos. É necesario colocar nun lugar visible, un disco horario no que figure a hora de chegada ao estacionamento.


Tamén son válidos os discos horarios doutros termos municipais da zona, como os de Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, A Guarda, O Rosal, etc., e incluso, en caso de urxencia ou necesidade,  será válido escribir a hora de chegada nun papel.


Quedan prohibidos nesta zona de estacionamento regulado, os vehículos que realicen operacións de carga e descarga, os ciclos, ciclomotores e motocicletas, e os vehículos con P.M.A. superior a 3.500 quilos.


Todos aqueles vehículos que infrinxan as normas que regulan o estacionamento con horario limitado, serán sancionados. Neste sentido consideraranse infraccións leves sobrepasar o tempo estipulado nun período igual ou inferior a 30 minutos, estacionar o vehículo novamente na mesma rúa, sen que transcorresen 2 horas dende a hora de chegada e ocupar dúas prazas ou non axustarse ó espazo marcado para o vehículo. Por outra banda serán consideradas infraccións graves sobrepasar o tempo estipulado nun período superior a 30 minutos, modificar a hora de chegada despois do estacionamento, falta do disco comprobante ou colocación que non permita unha axeitada comprobación do seu contido e estacionamento na zona azul dos vehículos expresamente prohibidos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.