PROVINCIA
A Deputación aproba a licitación do programa de dinamización “En ruta coa Depo 2016” por 238.000 euros
O programa conta con máis de 18.00o prazas destinadas ás entidades sociais da provincia.
A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da xestión e execución do programa“En ruta coa Depo 2016” por unha partida orzamentaria de 238.000 euros.
A metodoloxía do programa baséase en pasar un día de convivencia coñecendo lugares da provincia, co acompañamento dun guía turístico especializado. O número de prazas ofertadas é de 18.346, que poderán ser solicitadas por todas as entidades sociais da provincia, especialmente aquelas rexistradas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPPS).
Os contratistas interesados na licitación deberán presentar as súas proposicións no Rexistro Xeral da Deputación, ou auxiliares, ou mediante correo. O prazo é de quince días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOPPO. A Deputación publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa ao procedemento no Perfil do Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es).
“En ruta coa Depo 2016” é unha iniciativa que ten por obxectivo promover o asociacionismo e o lecer dinámico e saudable entre os colectivos de maiores, mulleres, xuventude e diversidade funcional, promovendo a igualdade de acceso aos recursos e creando espazos de unión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149