Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 20 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

As obras no regato Miñoteira, en Pontellas, evitarán o risco de asolagamento nesta zona do Porriño

[Img #24286]

 

O tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, asistiu este luns, día 18, á colocaciòn dos 5 novos ‘marcos’, da obra que o Concello está realizando no regato Miñoteira, en Pontellas, logo dos asolagamentos do pasado mes de febrero, que afectaron a varias das parroquias do Porriño.

 

Segundo explicou Manuel Carrera, con esta proxecto, iniciado a semana pasada, “acabarase co risco de inundacións nesta zona” logo de que se ampliase a canle de paso da auga, que estaba nunhas medidas de 1,5 metros por 80 centímetros, na parte que está máis preto da ponte,  a un paso que dispora dunha capacidade de caudal de 2,5 por 2 metros.

 

Dende agora, engade Carrera, logo da colocación dos marcos, “se pasará á fase de drenaxe lonxitudinal e situación das aletas de dirección da canalización, en pedra, tanto de entrada coma de saída”, o que podería facer que a obra, na súa totalidade, estivese acabada a principios do mes que ven.

 

O primeiro tenente de alcalde lembra que esta inciativa era unha das que o goberno local presentara á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), como parta das que era necesario acometer de urxencia polos danos ocasionados polas choivas e temporais de hai dous meses e que, no caso do concello do Porriño, a Concellería de Vías e Obras, orzmentou en máis de 160.000 € para arranxar os destrozos causados polos temporais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.