SALCEDA DE CASELAS
O PSOE eleva ó parlamento a situación dos alumnos/as de ensino post obrigatorio de Salceda
![[Img #24305]](upload/img/periodico/img_24305.jpg)
Os parlamentarios socialistas rexistraron o pasado venres varias cuestións relacionadas coa situación que están a padecer moitas familias en Salceda, con dificultades para trasladar ós alumnos e alumnas a concellos limítrofes como Tui, Salvaterra, O Porriño ou Ponteareas, co fin de cursar estudos de bacharelato ou ciclos de formación profesional.
Os socialistas salcedenses consideran que esta é unha situación á cal se lle debe poñer fin, e trasladaron a través dos seus parlamentarios este asunto. A súa portavoz, Verónica Tourón incide nesta necesidade, “está claro que a Xunta non garante a igualdade de oportunidades cos rapaces e rapazas da nosa vila, ó carecer esta de ensinanza post obrigatoria e ó que hai que sumar os custos do transporte fóra do noso concello, ademais de que a moitos dos institutos limítrofes non hai nin sequera transporte”
Sinala tamén a concelleira Gela Ledo, que no momento actual, con grandes dificultades económicas para unha boa parte da nosa poboación, a situación de moitas familias obriga a non escolarizar os seus rapaces máis aló do ensino obrigatorio. “Este é un máis dos problemas que ten o ensino no noso concello e que non se lle está dando a importancia que se debera, pois como sempre defendemos os socialistas, falar de ensino é falar de futuro”
Por estes motivos, explican, “vimos de presentar ante o Parlamento de Galicia, varias preguntas dirixidas a Consellería de Educación, relacionadas coa posibilidade de implantar estudos de ensino post obrigatorio, Bacharelato ou Formación Profesional no noso concello, e solicitando tamén melloras do transporte ós centros dos concellos limítrofes, para facelo alcanzable ós estudantes que deben desprazarase a estas localidades, mentres non se dispoña de estudos de ensino post obrigatorio en Salceda.
Tourón, fai fincapé tamén no futuro dos próximos anos, pois “esta situación que xa están atravesando moitas familias en Salceda trasladarase ás familias dos case 1.100 nenos e nenas que neste intre están cursando estudos obrigatorios nos centros do noso municipio”. ”É obriga do goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia, garantir que estes 1100 nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades cos rapaces e rapazas que viven noutros concellos. En espera das respostas, seguiremos a traballar nas iniciativas que levaremos a cabo para intentar facer efectivas estas peticións, pois como sociedade non podemos permitirnos que ningún mozo ou moza quede atrás”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149