TOMIÑO
O III Duatlón Popular de Tomiño terá lugar este sábado 23 de abril
A proba consistirá nunha carreira a pé seguida dun percorrido en bicicleta.
A Asociación de Comerciantes de Tomiño (Adeto) organiza coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Tomiño, e a Federación Galega de Triatlón (Fegatri), o III Duatlón Popular de Tomiño, que terá lugar o vindeiro sábado, 23 de abril, a partir das catro da tarde.
Despois do éxito das edicións anteriores, decidiuse realizar este III duatlón, no que as persoas inscritas roldan as 150, repartidas nas distintas categorías: benxamíns, alevíns, infantil, cadete e adultos.
Neste mesmo día realízase a proba de Dúatlon Escolar de onde sairán todos os clasificados e clasificadas da provincia de Pontevedra, para o Campionato Galego de Dúatlon Escolar, organizado pola Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno en Mondoñedo o próximo mes de maio.
A proba, consistirá en realizar en primeiro lugar, unha carreira a pé e, seguidamente, un circuito en bicicleta, con diferentes distancias, segundo a categoría.
Dende ADETO explican que “o obxectivo do duatlón, así como a carreira popular que se realiza no verán, é realzar a asociación a través de actividades deportivas, sociais e culturais que dinamicen o núcleo urbano e atraian a xente de fora de Tomiño, beneficiando así ós seus asociados” e dende o Concello reitérase o apoio que se lle da a este tipo de eventos promovendo a práctica de deportes e os hábitos de vida saudables, ademáis da repercusión que causan no comercio local.
A primeira carreira será a dos benxamíns, que comezará ás 16.00 horas; seguida da dos alevíns, ás 16.20 horas; infantil, ás 16.50; cadete, ás 17:30 e, finalmente, a dos adultos, con saída ás 18.15 horas.
A saída será para todas as probas na rúa Colón, e a zona de transición e meta, na rúa nova. A entrega de trofeos será ás 20.45 horas na Praza do Seixo.
Colaboran coa organización deste duatlón popular de Tomiño, Policía Local, Protección Civil, Ambulancias Baixo Miño, e coñecidas firmas comerciais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149