NIGRÁN
Lourdes Alonso colga unha das súas obras no Centro de Negocios de Porto do Molle
A pintora entregou esta mañá un cadro no que recolle a súa particular visión da zona empresarial con tintes primaverais.
![[Img #24315]](upload/img/periodico/img_24315.jpg)
A artista Lourdes Alonso, usuaria do Centro Juan María de Nigrán, fixo entrega esta semana en Porto do Molle dunha obra na que plasma a súa particular visión, con elementos primaverais, do Centro de Negocios do parque empresarial. Durante presentación do cadro, a pintora estivo arropada polo alcalde de Nigrán, Juan González, a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e o presidente do Centro Juan María, José Santoro, así como o equipo de Reporteiros en Rede, entre outras persoas.
Lourdes, de 37 anos e veciña de Nigrán, amosou o seu agradecemento polo encargo da obra, un reto no que traballou durante seis meses dadas as amplas dimensións do lenzo, de 3 metros de ancho por 1,60 metros de alto, e que agora preside unha sala de ocio no primeiro andar do edificio.
O lenzo, de grandes dimensións, preside unha sala de esparexemento no primeiro andar do edificio
O rexedor nigranense afirmou que para o municipio é un orgullo ter un parque empresarial como Porto do Molle e un centro como o Juan María, que "está a facer un gran traballo e ao que nunca poderemos agradecer todo o que nos dá e todo o esforzo que adican educadores, familias e alumnado". Lembrou que Lourdes aínda ten pendente facer unha obra para o Concello de Nigrán e destacou que a artista xa realizou unha exposición itinerante sobre diferentes espazos da localidade dende a súa propia perspectiva. "Este é un cadro de Lourdes, pero tamén do Centro Juan María e de todo Nigrán", concluíu González.
Pedrosa, pola súa banda, aludiu ao motivo do cadro como algo simbólico, representativo do florecer de ideas dos emprendedores que integran o Centro de Negocios do polígono. "Estamos seguros de que axudará a moita xente a inspirarse e impulsar o florecemento de moitas empresas", declarou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184