PROVINCIA
O secretario xeral para o Deporte asina en Vigo 36 convenios de patrocinio dos equipos galegos
A Fundación Deporte Galego destina 2.420.000 euros na presente tempada ao Plan chegando este ano a un total de 132 equipos galegos, o que supón un 19% máis de equipos ca tempada pasada.
![[Img #24321]](upload/img/periodico/img_24321.jpg)
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo director territorial de Abanca en Vigo, Jorge Martínez Martínez, formalizou esta semana 36 convenios do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia 2015/2016 da Fundación Deporte Galego, correspondentes aos equipos de Vigo e a súa área de influencia.
O Plan de patrocinio dos equipos de alta competición
Na presente edición, o plan están dotado con 2.420.000 euros, ao igual ca na tempada pasada, tendo por destinatarios a un total 132 equipos galegos, isto é un 19% máis que na tempada 2014/2015. Neste orzamento, Abanca, patrocinadora oficial do plan logo do contrato subscrito coa fundación o pasado mes de febreiro, fai unha achega de 726.000 euros, como parte do compromiso subscrito pola entidade financeira que destinará, no marco da presente colaboración, máis de 3,6 millóns de euros nos cinco anos de duración do contrato coa fundación.
Dende os seus inicios na tempada 2009/2010, o plan ten investido preto de 15.000.000 de euros nos equipos de alta competición de Galicia, mostrando a súa efectividade tanto no xenérico número de equipos apoiados (132 na presente edición fronte aos 111 do ano 2015 e os 89 da primeira edición do plan no ano 2009), como especialmente no tocante ao deporte feminino: 28 equipos na tempada 2009/2010, 46 equipos na tempada pasada e 54 na actual campaña.
Como na tempada anterior, o Plan ten como patrocinador oficial a ABANCA, grazas á súa achega de 726.000 euros para este exercicio
Todos os equipos patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que a competición de máximo nivel desenvólvese na categoría absoluta en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e/ou sistema de ránking/clasificación por equipos. Incorpóranse tamén por primeira vez nesta edición do plan os equipos que participan na máxima competición en sistema de liga regular de ámbito estatal da categoría previa á absoluta.
Como vén sendo a tónica habitual deste programa, a presente edición patrocina equipos de distintas especialidades deportivas, o que reflicte o estado de forma do deporte de alta competición en Galicia: Atletismo (6), bádminton (2), baloncesto (10) e baloncesto en cadeira de rodas (3), balonmán (10), béisbol (4), bolos (2), ciclismo (7), esgrima (3), fútbol (20) e fútbol sala (12), halterofilia (4), hóckey liña (2), hóckey a patíns (2), kaiak polo (4), piragüismo en pista (10), traíñas (2), rugby (3), tenis de mesa (14), tríatlon (5) e voleibol (7).
Este Plan de patrocinio supón un moi destacado pulo para a presenza do Deporte galego no máis alto nivel competitivo, a nivel nacional e internacional, das distintas modalidades deportivas comprendidas nel, garantindo o crecemento deportivo de entidades e deportistas destas especialidades, á vez que se reforza a presenza da marca Deporte Galego nas competicións deportivas ás que acoden os equipos patrocinados. Coa incorporación o ano pasado de Abanca como patrocinadora oficial, o plan logrou potenciar a súa presenza e operatividade, potenciándose a base dos equipos patrocinados, chegando neste exercicio con este patrocinio a máis de 18.000 deportistas dos cales máis de 14.000 corresponden ás categorías base destas entidades deportivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217