Viernes, 10 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 21 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

A Banda de Gaitas Ledicia celebra o seu cuarto de século cun concerto cheo de sorpresas

Será o vindeiro sábado no auditorio do Multiusos das Pozas.

[Img #24352]

Onte realizouse a presentación dos actos de celebración do 25 Aniversario da Banda de Gaitas Ledicia de Mos, no salón de sesións do Concello.

 

Á rolda de prensa de presentación asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e Hipólito Cabezas, director da Banda de Gaitas Ledicia de Mos.

 

Segundo explicou Cabezas, os actos de conmemoración deste cuarto de século de vida da Banda iniciaranse o sábado 23 de abril pola mañá cunha exposición na que se fará un repaso da historia da agrupación musical Ledicia, na que se exhibirán fotografías tomadas dende o seu nacemento, así coma tódolos premios, trofeos e distincións acadados, e outras lembranzas varias. A mostra estará aberta ao público no Multiusos das Pozas en horario de 11.00 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.30 horas, momento no que dará comezo o concerto, tamén no Multiusos.

 

Dito concerto foi definido polo propio Cabezas como “unha caixa de sorpresas coa que tentaremos impactar ó público”. “Tratar de sorprender leva sendo a máxima da Banda durante os últimos 25 anos, ben co repertorio ou co uso de instrumentos”, explicou o director.

 

O concerto do sábado ademais de musical incluirá un espectáculo visual que dende a organización esperan sexa do agrado do público asistente. Ademais será un concerto no que se tratará de que os espectadores vexan a progresión da Banda durante os 25 anos de historia, recuperando incluso pezas que levaban uns 20 anos sen tocar e que decidiron retomalas agora para esta celebración de aniversario. Queren sobre todo que sexa unha xornada de festa e de celebración, para elo invitaron a músicos que pasaron pola Banda ó longo da traxectoria da mesma e que agora se suman novamente a esta iniciativa. O obxectivo da mesma é ante todo o disfrute, tanto do público como dos músicos da Banda e as estrelas convidadas, que tamén as haberá.

 

Sobre Ledicia a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declarou que “trátase dunha Banda que naceu e creceu no municipio de Mos e que hoxe merece o aplauso e o recoñecemento deste Concello”. Así mesmo manifestou o seu agradecemento á directiva da Asociación Ledicia que axudou para que no seu momento se formase a Banda e aludiu ó currículo meritorio da formación, con grades éxitos e distincións ás súas espaldas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.