SALVATERRA DE MIÑO
A Xunta licitaas obras de reforzo de firme na estrada PO-409, en Salvaterra
O treito no que se actuará está comprendido entre os puntos quilométricos 0+140 e 0+720 da estrada que une Salvaterra de Miño e A Rañada.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicaba onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de reforzo de firme na estrada PO-409, en Salvaterra de Miño, por un investimento de máis de 300.000 euros.
Estas actuacións teñen un prazo de execución de 6 meses e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 16 de maio.
As actuacións centraranse na rehabilitación da capa de rodaura do citado tramo para acadar un incremento de seguridade viaria na zona
O treito no que se actuará está comprendido entre os puntos quilométricos 0+140 e 0+720 da estrada PO-409, que une Salvaterra (PO-403) e A Rañada (PO-510).
O obxecto destes traballos é mellorar a capa de rodadura da estrada para acadar un incremento na seguridade viaria. Así mesmo, preténdese analizar o actual funcionamento da rede de evacuación de augas fecais e pluviais co fin de realizar as actuacións necesarias que permitan a súa evacuación e transporte de forma separativa.
As principais actuacións a executar son a instalación dunha nova rede de saneamento (pluvial e fecal); estendido dunha capa de firme de 5 cm de formigón bituminoso en quente; e o repintado de todas as marcas viarias do treito de actuación.
A Xunta, mediante este tipo de obras, continúa apostando pola conservación axeitada da rede viaria autonómica, proporcionado así aos cidadáns unhas estradas seguras e cómodas
A Xunta de Galicia, mediante este tipo de obras, continúa apostando pola conservación axeitada da rede viaria autonómica, proporcionado así aos cidadáns unhas estradas seguras e cómodas.
![[Img #24354]](upload/img/periodico/img_24354.png)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217