Provincia
Deputación iniciará o procedemento para sancionar a Linorsa se non paga de inmediato ao plantel de limpeza de Príncipe Felipe
A deputada delegada da cidade infantil, Eva Vilaverde, sinalou que se instará á empresa a que abone as súas débedas ou facilite a súa saída para que outra firma se faga cargo do servizo
![[Img #24365]](upload/img/periodico/img_24365.jpg)
A Deputación de Pontevedra iniciará o procedemento para sancionar á concesionaria da limpeza da Cidade Infantil Príncipe, Linorsa, e rescindir o contrato en caso de que a empresa non abone de inmediato os pagos pendentes ao seu plantel. Así o manifestaron onte os deputados Eva Vilaverde e Santos Héctor en representación da institución provincial nunha reunión cos traballadores. A delegada da Cidade Infantil Príncipe Felipe indicou que se manterá unha reunión coa empresa para que estableza un calendario concreto de pagos ou facilite a súa saída renunciando ao contrato para que outra firma se faga cargo do servizo. Pola súa parte, o responsable da comisión provincial de Economía salientou o apoio da institución ás reclamacións das limpadoras.
No encontro mantido onte Eva Vilaverde explicou que a Deputación leva traballando na resolución do conflito desde que foi coñecedora dos problemas laborais. Así, destacou que mantivo unha reunión no mes de xaneiro co plantel e os sindicatos e que, a partir de aí se revisou o contrato de adxudicación (en vigor dende agosto de 2015 por un prazo de dous anos), se solicitou un informe xurídico para ver as posibilidades de rescisión, e se fixo un seguemento mensual do cobro das nóminas con chamadas á empresa para garantir o seu abono. Froito desta presión as traballadoras cobraban as mensualidades aos poucos días do requerimento.
Finalmente, no día de ontea Deputación conta xa co informe sobre a posibilidade da resolución do contrato. Este sinala que o pago aos traballadores é unha consideración esencial do contrato e o seu incumplimento conlevaría sancións económicas. Ante esto, a Deputación tomou a determinación de solicitar por escrito a Linorsa que abone de inmediato os pagos que debe ás súas traballadoras. De continuarse no incumprimento, a falta será considerada como infracción grave e, polo tanto, poderase iniciar a resolución do contrato ou aplicar outras penalidades ademais de resolver sobre a incautación do aval económico.
Ademais de iniciar estes requirimentos formais, os representantes da Deputación de Pontevedra comprometéronse cos traballadores a reunirse coa empresa para que esta presente un compromiso concreto de pago ou busque un sistema alternativo que dea unha solución aos impagos. Neste sentido, púxose sobre a mesa a posibilidade de que, de non poder facerse cargo das súas obrigas laborais, Linorsa presente a súa renuncia ao contrato para que outra firma se faga cargo do servizo subrogando aos traballadores e cumprindo puntualmente cos pagos.
Os deputados provinciais destacaron ao plantel que a Deputación de Pontevedra estivo sempre ao seu lado, mantendo reunións dende o primeiro momento, permitíndolles expoñer as súas reclamacións no Pleno e xestionando os procedementos administrativos regrados para poder esixir á empresa o cumprimento das súas obrigas. "Ás veces os procedementos administrativos non son todo o rápidos que nos gustaría, pero estamos dando progresivamente os pasos que tocan en cada momento. Estamos cumprindo a folla de ruta coa que nos comprometemos no mes de xaneiro. Estamos con vós e así o manifestamos publicamente", sinalou Vilaverde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129