GALICIA
Turismo de Galicia convoca os Premios Camiño de Santiago 2016 cunha achega de 75.000 euros
Concederanse oito distincións ás que poderán optar entidades locais, Asociacións de Amigos do Camiño, persoas físicas ou xurídicas, pemes, investigadores e centros educativos de primaria e secundaria.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta semana a resolución pola que se convocan os Premios Camiño de Santiago 2016 e apróbanse as bases reguladoras para a concesión dos mesmos, para os cales Turismo de Galicia achega un total de 75.000 euros.
Estes galardóns promoven a excelencia na atención ao peregrino e a axeitada xestión dos recursos ligados ao Camiño de Santiago mediante a distinción daquelas iniciativas públicas e privadas que se desenvolvan en Galicia e se destinen a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas xacobeas; a crear novos servizos aos peregrinos ou innovar e mellorar os existentes e a divulgar e promover o Camiño de Santiago, a cultura xacobea, o seu patrimonio e a súa conservación.
Premiaranse iniciativas destinadas a mellorar a contorna das rutas xacobeas, a crear ou mellorar servizos aos peregrinos e a promover o Camiño de Santiago
Poderán participar concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades de concellos, consorcios locais e áreas metropolitanas ou outras entidades locais de Galicia polos que discorra algunha ruta do Camiño de Santiago.
Concederanse un total de 8 distincións entre as catro categorías convocadas. Nas categorías primeira, segunda e terceira establécese, para cada unha, un primeiro premio de 15.000 euros e un segundo premio de 5.000 euros. Na cuarta categoría, achéganse 10.000 euros para a modalidade de investigación e 5.000 euros para traballos en centros educativos de primaria e secundaria.
O prazo de presentación de candidaturas para esta segunda edición destes premios de Turismo de Galicia é dun mes contado a partir de mañá -día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG-.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149