Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 24 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Seminario ‘Servizo de rede baseado na identidade de usuario’ no Centro CeMIT do Porriño

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica do Goberno de Galicia, Rede CeMIT, do concello do Porriño celebrará o seminario “ Servizo de rede baseado na identidade de usuario”.


O seminario presentará aous asistentes o servizo de rede baseado na identidade do usuario (IBNS, Identity-Based Networking Service) como tecnoloxía fundamental para a xestión de control de acceso de xeito centralizado nunha contorna corporativa.


Tras expoñer a arquitectura do servizo e como funcionan os protocolos RADIUS e 802.1x verase como implantar este servizo nunha rede corporativa e como utilizalo para mellorar o control de acceso de usuarios dende diferentes orixes: LAN. VPNs de acceso remoto, redes sen fíos e xestión de dispositivos de rede.


Para rematar amosarase un caso práctico de aplicación onde se poderá observar este servizo en funcionamento.
O relator da xornada será Javier Novoa, doutor en Informática pola Universidade de A Coruña onde é profesor do departamento TIC na área de Telemática e imparte as materias de Redes en Enxeñería Informática e Seguridade de Sistemas da Información no Máster de Enxeñería Informática. Javier Novoa é colaborador habitual do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e formador oficial do programa Cisco Networking Academy no que imparte cursos de CCNA routing & switching, CCNA security e CCNP. Posúe, entre outras, as certificacións de CCNA, CCAI, CCNA Security e CCNP


A o seminario  será retransmitida o vindeiro martes 27   de abril en horario de 16:30 horas a 20:30 horas. As persoas interesadas en asistir deberán facer a súa reserva da praza na propia Aula CeMIT, no teléfono 986.338.217 ou ben enviando un correo electrónico a cemit.oporrino@xunta.es.


A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.