Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 24 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui realizará a rehabilitación e mellora dos parques infantís do municipio

Arestora execútanse obras no Montiño e este ano realizaranse tamén en Caldelas. Cada ano melloraranse dous espazos e manteranse todos os existentes.

[Img #24381]

 

A mellora dos parques infantís do municipio é un dos obxectivos fixados polo goberno municipal de Tui "apostando pola renovación deste espazos así coma polo seu mantemento". Así se recolle no Plan de Rehabilitación e Mellora dos Parques Infantís realizado que prevé a remodelación total dos mesmos ao longo de varias anualidades.


Arestora estanse a executar obras de reforma do parque infantil do Montiño en Rebordáns, que estarán rematadas nas próxima semanas. Un novo firme con pavimento de seguridade e novos elementos de xogo renovarán totalmente este espazo tras o investimento de 26.494,86 euros ao abeiro do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Pontevedra de 2015.


A comezos de ano foi executado xa o proxecto de ampliación e remodelación do parque infantil do Penedo que supuxo un investimento de máis de 40 mil euros. Tras as obras realizadas este espazo de xogo ampliouse pasando de 144m2 a 285m2 na actualidade, instalándose pavimento amortiguante de seguridade rematado en céspede artificial. Foron substituídos e mellorados os xogos infantís con torres, tobogáns, columpios, algúns deles adaptados para cativos de 2 a 6 anos. Amais todo o entorno do parque foi pechado en madeira.


Para este ano 2016 está previsto tamén a execución do proxecto de mellora do parque infantil de Caldelas, e en próximas anualidades iranse executando dous novos proxectos por ano, amais de levar a cabo o mantemento periódico dos mesmos, garantindo así que os nenos poidan xogar en condicións de seguridade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.