Viernes, 10 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 22 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O espectáculo O Zampalibros, prato forte da programación do Concello de Mos con motivo do Día do Libro

Actividades de fomento da lectura para colectivos de todas as idades e características amplían esta semana a oferta lúdico-didáctica dos mosenses.

[Img #24398]

 

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informa de que as actividades que están programadas para conmemorar o Día Internacional do Libro son talleres de teatro e contacontos nos centros educativos, un espectáculo enmarcado no programa Ocio en Familia e varias iniciativas a desenvolver na Biblioteca Municipal.

 

Respecto das actividades nos centros educativos do municipio, o 19 de abril realizouse unha actuación de monicreques no Multiusos das Pozas dirixida ós alumnos/as de Educación Infantil dos colexios de Petelos, Pena de Francia, Mestre Martínez Alonso e Atín.

 

Os días 30 e 31 de abril o Contacontos, Contos do Mundo, percorrerá os CEIPs de Petelos, Pena de Francia, Mestre Valverde Maio, Mestre Martínez Alonso e Atín facendo as delicias dos cativos de 1º e 2º cursos de Primaria.

 

Xa o domingo 24 de abril chegará a actividade de Ocio en Familia, O Zampalibros, musical infantil didáctico dirixido a familias que se celebrará no Multiusos ás 18:00 horas.

 

E, pola súa banda, a Biblioteca Municipal de Mos acolle dende o 18 de abril e ata hoxe un troco de libros usados para todos os seus usuarios, sorteo dun lote de libros entre tódolos socios que fagan uso do préstamo ó longo do día de hoxe, así como visitas escolares ás súas instalacións que tamén se realizaron durante a presente xornada e o obradoiro As Letras na Gaiola cos membros de Asodifisi, Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, que será hoxe en horario de tarde de 17.00 horas a 19.00 horas.

 

As edil Sara Cebreiro declarou sobre estas iniciativas que “o  obxectivo principal é o fomento da lectura entre as persoas de tódalas idades, así como tamén inculcar nos máis cativos a convicción de que os libros poden ser unha fonte de diversión, imaxinación e sabedoría”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.