OIA
Uxío Benítez atende as peticións sobre mobilidade da alcaldesa de Oia
O deputado de Mobilidade enviou as brigadas e máquinas da Deputación para conter un corremento de terras na estrada provincial que vai a Baiona.
![[Img #24403]](upload/img/periodico/img_24403.jpg)
O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, reuniuse esta semana coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, para atender as súas peticións en materia de infraestruturas viarias. O nacionalista deu a orde de enviar as máquinas da Deputación de inmediato ao ter coñecemento dos problemas ocasionados por un corremento de terras na vía provincial que vai a Baiona (EP-2202). Así mesmo, asegurou que os técnicos provinciais buscarán solución aos problemas de execución das obras nesa mesma estrada no lugar de Burgueira.
Benítez, ante a incidencia do corremento de terras, deu orde inmediata para que a brigada de actuación número 8 se fixese cargo de limpar a zona e consolidar a ladeira, actuación que xa se fixo na mañá de onte. Así mesmo, mañá trasladarase á zona un camión grúa do parque de maquinaria provincial para rematar o traballo.
Relacionada con esa mesma vía, que conecta os concellos de Baiona e O Rosal a través de Oia, está a actuación que a rexedora solicitou para resolver as deficiencias das últimas obras que fixo o anterior goberno provincial. O deputado de Mobilidade, ao coñecer que os problemas de execución afectan os veciños -incidindo nas súas propiedades- comprometeuse a emendar os traballos, localizados nas inmediacións da igrexa, no lugar de Burgueira. Así, buscarase unha solución para estabilizar un muro e derivar as augas que se están a filtrar a unha propiedade actuando na cuneta da vía.
Por outra banda, o responsable de Mobilidade instou a Correa Pombal a solicitar actuacións da Deputación de Pontevedra para o concello de Oia ao abeiro das próximas fases do Plan MOVESE, xa que este goberno local da comarca do Baixo Miño non presentou ningunha solicitude de obras no prazo aberto a primeiros deste ano. Benítez lembrou que máis de 40 concellos solicitaron a instalación de pasos de peóns sobreelevados, redutores físicos da velocidade e zonas 30 nas vías de titularidade provincial para reducir a velocidade do tráfico e a sinistralidade.
O concello de Oia ten no seu territorio tres vías provinciais: a EP-3201, de acceso ao embarcadoiro de Oia; a EP-3202, entre Oia e Torroña; e a EP-2202, que conecta os concellos de Baiona e O Rosal. En total suma máis de 20 quilómetros de estradas de titularidade da Deputación de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103