PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra colabora co festival Cultura Quente de Caldas de Reis
Cultura Quente converterá a vila termal, os días 24 e 25 de xuño, na capital do rock de Galicia.
![[Img #24407]](upload/img/periodico/img_24407.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, presentaron o festival Cultura Quente, que terá lugar os días 24 e 25 de xuño. Para este ano confirmouse xa a participación de grupos coma Supersuckers, Marky Ramone, Los Enemigos, Ilegales, El Drogas, Siniestro Total, The Soul Jacket, Havalina e Agoraphobia.
Cultura Quente trátase, tal e como subliñou Silva, "do festival decano en Galicia", posto en marcha por veciñas e veciños de Caldas de Reis. Neste contexto, a presidenta da Deputación destacou que "se na provincia temos algo extraordinario son as persoas, innovadoras, comprometidas, creativas, con moitas ganas de levar a cabo proxectos de gran envergadura e dinamismo como é o Cultura Quente, un festival que sitúa a nosa provincia como un dos territorios máis creativo, vangardista e moderno de toda Galicia e España". Ademais, Silva fixo fincapé na capacidade do festival para converter a vila termal na capital de Galicia do rock e o punto de referencia para os apaixonados dos festivais musicais.
Pola súa banda, o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, destacou o matiz cultural e solidario do Cultura Quente, cunha incidencia moi importante no desenvolvemento económico da vila, ben mediante xeración de postos de traballo ben a través da elevada ocupación hoteleira que se rexistra na localidade.
Cultura Quente 2016 manterá a esencia de festival popular de rock a prezos económicos. Así, o abono para os dous días, xa a venda, ten un prezo de 26 € e a acampada solidaria, nun espazo acondicionado para a ocasión, custará 3 €, que serán destinados a unha asociación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191