Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 25 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación impulsa as axudas para o sector agropecuario e pesqueiro da provincia de Pontevedra

Carmela Silva destaca a importancia de ambos sectores na consolidación de emprego e creación de riqueza nas zonas do interior e na costa.

[Img #24419]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou o impulso as axudas para o sector agropecuario e pesqueiro da provincia coa posta en marcha de dúas liñas de axudas para as asociacións  e confrarías de pescadores e para as cooperativas agrarias.


Estas dúas liñas de axudas, dotadas cada unha de elas, con douscentos mil euros foron negociadas cos propios interesados que mostraron o seu interese porque a Deputación fixara entre os seus obxectivos aos sectores pesqueiros e agro-gandeiros da provincia.


Carmela Silva recordou que ambas liñas de axudas incluíronse na modificación de crédito aprobada polo pleno da corporación do mes de febreiro e que dende ese momento comezouse a traballar coas entidades asociativas de ambos sectores para que foran consensuadas con eles. Deste xeito, o sector disporá dunhas bases claras e transparentes, para acceder a estas axudas.


Estas axudas poderán ser destinadas á comercialización e valorización das producións agrarias e pesqueiras;  á formación técnica e asesoramento para o desenvolvemento de actividades como a investigación e innovación tecnolóxica; á posta en uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético;  ás actuacións para mellorar a calidade dos produtos; aos investimentos para mellorar os servizos prestados polas cooperativas, asociacións, confrarías, etc.; aos investimentos para construcións, equipamentos, instalacións, reparacións en edificios; e  a adquisición de equipos e sistemas informáticos, mobiliario e calquera outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos prestados polos beneficiarios aos seus socios.


A Presidenta da Deputación recordou a importancia do sector agro-gandeiro na nosa provincia que representa un valor económico de máis de 500 millóns de euros dando emprego a más de nove mil persoas.


No caso do sector pesqueiro-marisqueiro, a provincia de Pontevedra ten o 45 por cento da frota galega, con máis de dous mil barcos, e supón o 34,4 por cento do valor da venda de pesca fresca de toda Galicia.   O sector ten un valor económico na provincia, en primeira venda de máis de 157 millóns de euros, e da emprego a máis de 13.000 persoas.


Por último, Carmela Silva subliñou que a liña de axudas coas cooperativas agropecuarias xa está acordada con elas e que as bases poderán ser aprobadas en quince días. No caso das confrarías e asociacións pesqueiras está en proceso de consulta interno do propio sector.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.