Mos
Multitudinario cumpreanos da Banda de Gaitas Ledicia
Un concerto cheo de sorpresas encheu o auditorio do Multiusos mosense
![[Img #24423]](upload/img/periodico/img_24423.jpg)
Esta tarde tivo lugar o concerto de celebración do 25 Aniversario da Banda de Gaitas Ledicia de Mos, no auditorio do centro Multiusos das Pozas. Este espectáculo musical e visual tivo un nutrido público que encheu as instalacións e disfrutou do bo facer musical dos integrantes de Ledicia que proporcionaron ós espectadores unha xornada entrañable e moi especial.
Os actos de conmemoración deste cuarto de século de vida da Banda iniciáronse xa esta mañá cunha exposición na que se facía un repaso da historia da agrupación musical Ledicia, na que se exhibiron fotografías tomadas dende o seu nacemento, así coma tódolos premios, trofeos e distincións acadados, e outras lembranzas varias. A mostra estivo aberta ao público no Multiusos das Pozas en horario de 11.00 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.30 horas, momento no que deu comezo o concerto, tamén no Multiusos.
Dito concerto foi definido polo propio director da Banda, Hipólito Cabezas, como “unha caixa de sorpresas coa que tentamos impactar ó público”. “Tratar de sorprender leva sendo a máxima da Banda durante os últimos 25 anos, ben co repertorio ou co uso de instrumentos”, explica Cabezas.
O concerto, ademais de musical, incluiu un espectáculo visual que emocionou ó público asistente. Foi un concerto no que os espectadores puideron ver a progresión da Banda durante os 25 anos de historia, recuperando incluso pezas que levaban uns 20 anos sen tocar e que decidiron retomalas para esta celebración de aniversario. A pretensión dos membros de Ledicia era sobre todo que fora unha xornada de festa e de celebración, e o conseguiron. Para elo invitaron a músicos que pasaron pola Banda ó longo da traxectoria da mesma e que agora se sumaron novamente a esta iniciativa. O obxectivo da mesma era ante todo o disfrute, tanto do público como dos músicos da Banda e as estrelas convidadas, que tamén as houbo.
Sobre Ledicia a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declarou que “trátase dunha Banda que naceu e creceu no municipio de Mos e que hoxe merece o aplauso e o recoñecemento deste Concello”. Así mesmo manifestou o seu agradecemento á directiva da Asociación Ledicia que axudou para que no seu momento se formase a Banda e aludiu ó currículo meritorio da formación, con grades éxitos e distincións ás súas espaldas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103