GALICIA
A sinistralidade increméntase en máis de nove puntos en Galicia
UGT- Galicia denuncia que "ante o repunte dos accidentes no traballo, a Xunta continúa reducindo os orzamentos dedicados á prevención".
![[Img #24439]](upload/img/periodico/img_24439.jpg)
Un ano máis, este 28 de abril vaise celebrar o Día internacional da saúde e seguridade no traballo. "E un ano máis UGT- Galicia, nesta data, ten que denunciar que a protección da saúde dos traballadores, e da súa propia vida, non é unha prioridade nin para as empresas nin para as administracións". Así o amosa "o repunte da sinistralidade nestes últimos anos de forma parella á imposición continua de recortes en todos os eidos, tamén no laboral, e a imposición de dúas reformas laborais que en nada contribuíron á mellora da prevención no eido do traballo". O Sindicato insiste en que a crise non pode servir como escusa para poñer en risco a saúde nin a vida de ninguén.
Nesta data, UGT-Galicia alza a voz "en lembranza e recoñecemento público de todos os traballadores que faleceron ou enfermaron por causas laborais e tamén denuncia e pon en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que as empresas e administracións teñen grandes responsabilidades na súa prevención".
Neste senso, botando a vista cara atrás, o Sindicato "ten que denunciar que, vinte anos despois da publicación da Lei de prevención de riscos laborais, constátase que gran parte dos seus obxectivos están aínda pendentes. E estes últimos anos estiveron marcados pola aposta por políticas de axuste, especialmente representadas nas reformas laborais, que deterioraron de xeito grave a negociación colectiva e o exercicio efectivo de dereitos, elementos imprescindibles para a saúde e a seguridade no traballo".
UGT-Galicia denuncia que estas dinámicas determinaron unha regresión da prevención nas empresas durante a última lexislatura.
Cifras
En Galicia nos últimos catro anos, "coincidindo coa reforma laboral imposta polo PP, faleceron 212 traballadores. 61 no ano 2015, o que supuxo un incremento da sinistralidade mortal dun 3,39 por cento, en relación ao ano 2014, aumento que no caso de sectores como a industria e os servizos chega ata o 40 e o 43,75 por cento, respectivamente" explican.
Polo que respecta aos datos totais de sinistralidade, o Sindicato advirte sobre "o alarmante repunte das cifras en Galicia durante o ano 2015, onde rexistráronse un total de 25.346 accidentes laborais con baixa, 2.125 máis que no 2014, o que supón un aumento do 9,15 por cento".
"É evidente, así o demostran as cifras, que a crise utilizouse como escusa para abandonar o investimento das empresas en políticas de prevención de riscos laborais. Ademais, a precariedade que se instalou no mercado de traballo é sinónimo de incremento da sinistralidade laboral" explican.
O NÚMERO DE SINISTROS ENTRE OS TRABALLADORES TEMPORAIS MEDROU NUN 15%
"De feito, dos 61 traballadores falecidos durante o ano 2015, 23 eran traballadores temporais, colectivo no que o número de accidentes de traballo subiu un 15 por cento respecto ao 2014. Dos 61 traballadores falecidos, 11 tiñan unha antigüidade no posto inferior aos tres meses e 24 dos 61 que perderon a vida tiñan unha antigüidade no posto inferior ao ano" sinalan.
No relativo ao ano 2016, en Galicia a sinistralidade laboral medrou nun 7,01 por cento nos dous primeiros meses do ano, mentres que os accidentes mortais subiron nun 28,57 por cento e os graves nun 20,34 por cento.
Á vista dos datos, para osindicato "Urxe en Galicia dispoñer dunha política de seguridade e saúde no traballo que desenvolva coherentemente e de xeito coordinado as políticas e as actuacións en materia de prevención de riscos laborais que se exercen no territorio, de acordo co marco normativo e competencial nesta materia".
Non obstante, e ante a conxuntura descrita e denunciada polo Sindicato, "a Xunta repite, un ano máis, a redución constante dos orzamentos dedicados á prevención de riscos laborais. Concretamente, os destinados ás actividades desenvolvidas polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) a favor da seguridade e saúde no traballo pasaron dos 7.383.000 euros no ano 2011 aos 5.638.000 euros previstos para o ano 2016. Isto supón unha redución practicamente do 24 por cento nestes últimos anos" lamentan.
Estas reducións son incompatibles co aumento da sinistralidade e a situación dos traballadores (temporalidade, carga horaria...). O único que ocasionarán son dificultades para a posta en marcha e a execución de políticas preventivas eficaces, o que anuncia un panorama en materia de prevención de riscos en retroceso e amosa a falta de compromiso por parte da Xunta con esta materia.
MEDIDAS
Para atallar as actuais cifras de sinistralidade laboral, UGT-Galicica insisten en que urxe:
- Derrogar as reformas laborais.
- Establecer normativamente criterios obxectivos para a cualificación dos accidentes no traballo.
- Incrementar o investimento en I+D+i en materia de saúde laboral e riscos emerxentes.
- Incrementar a vixilancia e control das actuacións en materia de prevención de riscos laborais por parte da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
- Maior coordinación entre as diferentes administracións públicas para mellorar a resposta ante situacións de risco e a implantación da normativa actual sobre saúde laboral.
- A posta en marca da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2013-2020, incluíndo obxectivos precisos de redución da sinistralidade.
- A recuperación dos investimentos públicos en materia de prevención de riscos laborais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149