Jueves, 09 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 25 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Unha colisión múltiple sáldase cunha persoa ferida en Mos

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a unha muller que resultou ferida ao verse implicada nunha colisión entre tres vehículos. O accidente tivo lugar na A-55, dirección Vigo.  Ao fío das 11:00 horas de hoxe, foi a mesma implicada quen solicitou asistencia sanitaria ao CAE 112 Galicia. Indicou que se atopaba mareada. Así, de contado, se pasou aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos. Os Bombeiros de Baixo Miño e o servizo de mantemento da estrada tamén foron informados polo persoal do 112 Galicia.

 

Case á mesma hora, o CAE 112 Galicia tivo constancia doutra colisión múltiple, tamén, na A-55, á altura da localidade de O Porriño, aínda que neste caso, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. Persoal dunha ambulancia que circulaba, nese intre, a escasos metros da saída 15 desta estrada, dirección Vigo, foi quen informou ao CAE 112 Galicia do accidente. Asegurou que non había feridos pero que se estaba producindo moita retención debido á colisión de tres vehículos.  Dende o 112 Galicia, ao igual que no caso anterior,  se solicitou a intervención dos axentes de Tráfico e do persoal do servizo de mantemento da estrada. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.