Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 28 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O alcalde de Nigrán destaca o "empuxe definitivo" que significa a nova ITV para o polígono Porto do Molle

As instalacións foron inauguradas recentemente

A estación de servizo para a Inspección Técnica de Vehículos é xa unha realidade en Porto do Molle despois de que fose inaugurada polas autoridades.

 

“É un día feliz para Nigrán e para todo o Val Miñor porque se reforza a seguridade vial na comarca, significa unha empresa máis que vai xerar emprego e, ademais, resulta moi cómodo para tódolos veciños ter a ITV tan preto. A súa presencia é o empuxe definitivo para o polígono Porto do Molle, que segue crecendo e significa xa o presente e futuro do municipio", sinalou Juan González, alcalde de Nigrán, durante a inauguración. Así, a estación abrirá mañá cun horario de luns a venres de 8.30 a 14.00 e 16.00 a 19.30 horas, e os sábados de 08.00 a 14.30 horas. As citas xa se poden solicitar telefónicamente no 902309000 ou telemáticamente na web www.sycitv.com.

 

 

 

Arranca con oito traballadores e conta últimos avances tecnolóxicos, sendo a primeira de Galicia en construírse con equipos de supervisión e control unificados

 

 

 

 

A instalación, cunha inversión de un millón setecentos cincuenta mil euros por parte da empresa Supervisión y Control, inclúe os últimos avances tecnolóxicos e conta inicialmente con oito empregados coa previsión de que cheguen a 19 no ano 2020. Esta consta de tres liñas de traballo que darán alivio a toda a área de Vigo, onde actualmente se realizan unha media de 240.000 inspeccións ao ano entre as tres instalacións de Peinador, Porriño e Bueu. O novo punto de Nigrán (onde poderán acudir todo tipo de vehículos, incluido motocicletas e ciclomotores) realice unha media de 22.000 revisións durante os primeiros anos e, pasado o período de adaptación, chegue a 50.000 no ano 2020.

 

Esta é a primeira estación de toda Galicia en construírse de xeito modular, agrupando tódolos equipos de supervisión e control nun único punto unificado e compacto para que poida ampliarse no futuro sen afectar en absoluto ao seu funcionamento e ao que xa está feito. Paralelamente, é unha das poucas da comunidade e a única da área de Vigo en prescindir por completo do papel, xa que os empregados traballarán mediante aplicacións vía Wi-fi. Os propios condutores que estean esperando a súa quenda na estación serán chamados á revisión mediante un dispositivo control remoto que se lles entregará na entrada. Ademais, paneis solares cubrirán tódalas necesidades de auga quente da estación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.