Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 26 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra concédelle 73.100€ ao Concello de Cangas para adquirir dous vehículos para a limpeza e recollida de lixo

A institución provincial adxudicou xa o 43,81 % do Plan Concellos 2016 correspondente ao Concello de Cangas, o que representa un investimento na vila de 446.608,45 €.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a adxudicación dunha subvención por valor de 73.100 € a favor do Concello de Cangas, enmarcada na liña 1 (investimentos) do Plan Concellos 2016. A través desta achega o Concello poderá adquirir dous novos vehículos para a limpeza viaria e a recollida de residuos.

 

Esta axuda hai que sumala aos 134.901,97 €, aprobados con cargo á liña 2 do Plan Concellos, destinados á amortización, ao pagamento de débedas e a gasto corrente, así como aos 38.050 € da liña 3, para o financiamento do III Festival de Danza e Música Tradicional de Cangas, o XVII Salón do Cómic, Musicangas 2016, a programación cultural do auditorio, Correlingua 2016, camiños escolares, actividades medioambientais, un proxecto orquestral e proxectos educativos. Ademais, xa se adxudicaron 200.556,48 €, no marco da liña 4 do Plan Concellos 2016, dirixidos á contratación de 34 traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no Concello.

 

A Deputación de Pontevedra destinou ao concello de Cangas a cantidade total de 1.019.346,45 € dentro do Plan Concellos 2016, dos que, no que levamos de ano, xa se concederon 446.608,45 €, o que representa o 43,8 % do importe total destinado ao Concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.