Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 28 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra acolle a presentación da exposición Art Ibérica

A mostra, que se inaugura o vindeiro 30 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio de Ribadumia, pretende impulsar a imaxe das Rías Baixas a través da relación entre arte e enoturismo.

[Img #24461]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á concelleira de Ribadumia Mar Moimenta, ao responsable de Art Ibérica, Ángel Lorenzo, e ao responsable de comunicación do evento, presentaron esta semana, na Deputación de Pontevedra, a exposición Art Ibérica. Esta mostra, que terá lugar no Auditorio de Ribadumia a partir do 30 de abril, recolle obras de artistas nacionais e internacionais coma Pilar Taboada, Elohin, Francisco Lorente, José Antonio Fondevila, Carneiro, Lorem e Sergio Portela.

 

Carmela Silva destacou que "nas Rías Baixas temos unha importante produción vitivinícola e unha oferta altamente especializada en enoturismo, unidas a unha riqueza cultural, patrimonial e artística". Ademais, a presidenta da Deputación engadiu que "viño e turismo son dous sectores fundamentais para a economía da provincia de Pontevedra, de aí a importancia desta mostra, que conxuga arte e enoturismo".

 

Pola súa banda, a concelleira de Ribadumia Mar Moimenta convidou a todas as interesadas e interesados a asistir ao Auditorio de Ribadumia o vindeiro sábado, ás 20:30 horas, para gozar da mostra artística que enxalza o viño, elemento fundamental para este concello.

 

Os responsables de Art Ibérica deron a coñecer que se trata dun movemento que busca xerar sinerxías para potenciar, dinamizar e poñer en valor os recursos a través da dinamización artística e turística. En concreto, pretende proxectar a imaxe das Rías Baixas ao mundo, creando sensacións a través de linguaxes universais coma a arte, o viño e a gastronomía.

 

As obras, que se poderán ver en Ribadumia a partir do 30 de abril, aparecen recollidas nunha publicación, titulada Art Ibérica, elaborada por traballadoras e traballadores da Deputación de Pontevedra, "servidores públicos -segundo afirmou Carmela Silva- que teñen un firme compromiso co seu traballo".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.