Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 27 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación asina un novo contrato para a cesión dunha oficina no viveiro de Lalín

A ocupación das oficinas do viveiro é dun 80 %, quedando pendentes as tres naves.

[Img #24462]

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinou un contrato para a cesión da oficina 5 do viveiro de Lalín coa empresa Stoutic Computing Technologies S. L. para o desempeño da súa actividade, centrada en dar solucións de automatización da xestión do e-commerce da empresa peme.

 

No marco da sinatura Silva subliñou que "a empresa é un exemplo de por onde vai a economía, pola vía das TIC". A través deste viveiro a Deputación de Pontevedra pretende darlles unha acollida temporal a novas empresas, acompañándoas e prestándolles servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto coa finalidade de facilitar o desenvolvemento de iniciativas económicas de interese para a provincia.

 

O viveiro de empresas de Lalín conta cos seguintes espazos para a cesión do seu uso: tres naves, cunha superficie variable de 141 m² a 142,70 m²; cinco oficinas, cunha superficie variable de 16,10 m² a 18,10 m²; e un espazo de 92,10 m², cunha capacidade para 16 postos de coworking. Na actualidade a ocupación das oficinas é dun 80 %, quedando pendente a ocupación das tres naves.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.