Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 27 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva "orgullosa" da actuación do Poio Club de Fútbol feminino na liga

A Presidenta da Deputación e o presidente do club firmaron esta semana o convenio de colaboración en presenza do alcalde Luciano Sobral.

[Img #24468]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegura sentirse “profundamente orgullosa” do equipo feminino do Poio Club de Fútbol polo traballo desenvolvido ao longo do presente ano e a súa presenza na élite do fútbol sala nacional.


Silva firmou esta semana co presidente do Poio Club de Fútbol, Juan José García Camiño,  o convenio de colaboración polo que a Deputación aporta a cantidade de 25.000 euros a este equipo para a promoción do deporte. A esta firma acudiu tamén o alcalde de Poio Luciano Sobral e a deputada delegada de Deportes Chelo Besada, que tamén é concelleira do equipo de goberno do concello.


Juan José García mostrouse satisfeito pola firma de este convenio, que cualificou como fundamental para o equipo e sinalou que esperan rematar a tempada  da liga de fútbol sala no medio da táboa de clasificación.
O alcalde de Poio Luciano Sobral mostrouse agradecido polo apoio da Deputación de Pontevedra ao equipo de fútbol feminino que é “un orgullo para unha localidade de 17.000 habitantes ter un equipo na primeira liña do fútbol sala nacional”.


Pola súa banda, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reiterou que era unha “satisfacción” rubricar convenios como este por ser para un “equipo feminino que está na élite do fútbol sala nacional e que ademais é o único equipo representante de toda a provincia”.


A Presidenta recoñeceu o labor do concello, polo apoio que ven prestando a este club, a todo o equipo directivo que fai posibles os seus éxitos pero, sobre todo, as rapazas que co seu traballo “teñen conseguido estar no medio da clasificación da liga nacional. Algo que parece sinxelo pero que é moi importante”.


Silva subliñou tamén o esforzo que supón para as integrantes do equipo “que en moitas ocasións teñen que aproveitar os seus desprazamentos pola xeografía nacional para levar os seus apuntes e estudar para sacar adiante os seus estudos”.


Por último, a Presidenta destacou que as Administracións teñen a obriga de apoiar a equipos como o Poio Club de Fútbol polo que supón a integración da muller nesta disciplina deportiva e por ser o único  da provincia de Pontevedra na primeira liga  nacional de fútbol sala.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.