MOS
Concello e Comunidade de Montes asinan a cesión dos terreos para acometer melloras na zona de As Pozas
O proxecto inclúe obras de humanización e de ampliación das prazas de aparcadoiro.
![[Img #24503]](upload/img/periodico/img_24503.jpg)
Onte asinouse na Casa Consistorial mosense o documento de cesión dos terreos da Comunidade de Montes de Petelos na zona de As Pozas ó Concello de Mos para que a administración local poida acometer as obras de humanización e ampliación de prazas de aparcadoiro previstas para este lugar e nas que o Concello de Mos investirá 200.000 euros. O tramo a humanizar é o correspondente ó vial que une a Capela de San Amaro co Multiusos.
No acto de sinatura celebrado onte estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o presidente da Comunidade de Montes de Petelos, Miguel Ángel Martínez Rodríguez, e o concelleiro mosense de Vías e Obras e veciño da Parroquia de Petelos, Luis Alonso; así como tamén asistiu a secretaria municipal.
Nos terreos adquiridos ós comuneiros realizaranse as anteriormente citadas obras de aparcadoiro nas Pozas e a humanización da estrada que conduce ó centro Multiusos dende a Capela de San Amaro.
Este proxecto enmárcase nas iniciativas que o goberno local tiña previsto poñer en marcha na presente lexislatura e que teñen como referencia buscar espazos para o uso das persoas. Estas obras a acometer próximamente en As Pozas, parroquia de Petelos, son consideradas por Arévalo, rexedora local mosense como “traballos de vital importancia para a seguridade das persoas que transitan por esa zona”.
Na adquisición dos terreos da Comunidade de Montes o Concello de Mos investiu 25.000 euros.
A Comisión de Gobeno de Mos asumía na súa sesión do pasado 27 de febreiro a adquisición de terreos da Comunidade de Montes de Petelos para dotar de servizos e área de aparcadoiro a zona do contorno do centro Multiusos das Pozas. Actualmente nesta zona non hai case lugar onde aparcar e é necesario dotar de prazas de aparcamento o contorno dun edificio tan concorrido e que se atopa ubicado nas Pozas, área que concentra moitas outras dependencias públicas como son o Colexio de Petelos, o IES de Mos, o Pavillón Óscar Pereiro e a Piscina Municipal.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o edil de Vías e Obras e natural ademáis da parroquia de Petelos, Luis Alonso, explicaban que un dos obxectivos desta adquisición é a mellora da seguridade vial para os moitos peóns que a diario transitan pola zona; xa que se nese lugar os vehículos se atopan correctamente estacionados os peón terán un espazo delimitado e seguro por onde camiñar. Xa que este lugar reúne a multitude de veciños e veciñas de tódalas idades, pero sobre todo maiores.
Ademais de dotar de aparcadoiro á zona, nos terreos sobrantes iranse acometendo máis actuacións futuras, -entre as que se atopa a humanización do vial que vai á Capela de San Amaro-, todas orientadas a dotar de servizos ó lugar das Pozas. “Os servizos para a cidadanía son e serán para nós a prioridade nesta zona e en toda a localidade”, declararon os representantes municipais, quenes tamén aproveitaron para agradecerlle á Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Petelos “a boa sintonía coa administración local demostrada durante todo o proceso, e que facía moito tempo que non se coincidía nunha visión tan global dos intereses comúns dos vecinos, a parroquia e o Concello”.
Arévalo e Alonso manifestáronse tamén “moi contentos pola mellora do contorno que vai supoñer esta adquisición” que, nunha iniciativa conxunta da Comunidade de Montes de Petelos e o Concello, propiciará a construcción de melloras dotacionais e máis seguras para o contorno do Multiusos.
Esta cesión realízase previa aprobación por parte dos comuneiros de Petelos nunha Asamblea Xeral celebrada o 20 de febreiro. Aprobárona por unanimidade dos asistentes, feito inédito nesta Comunidade de Montes. A este respecto rexedora local quixo “felicitar á directiva da Comunidade por acadar este importante logro para os veciños e veciñas da parroquia de Petelos en particular e de todo o Concello en xeral”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180