Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 30 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteares habilitará unha zona de acampada no albergue xuvenil con motivo da celebración do Día da Picaraña

O vindeiro domingo, 1 de maio, Ponteareas vivirá unha nova edición do Día da Picaraña, unha das celebracións que contan cunha maior participación de veciños e veciñas do concello de todas as idades que viven, con toda a súa intensidade, o sabor das romarías populares.


Dado que son moitos os mozos e mozas que, dende sempre, acampan xa dende a noite anterior á celebración da festa, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Mocidade que xestiona Verónica Carrera,  lembra que, segundo a lexislación vixente, a acampada libre está prohibida.


“Para que isto non sexa un impedimento e permitir que todas as persoas interesadas poidan acampar nesta zona tal e como veñen facendo dende hai varios anos, dende o Concello poremos á súa disposición, de xeito gratuíto, terreos do albergue xuvenil da Picaraña”, asegurou a propia Verónica Carrera. As persoas interesadas só terán que se inscribir na oficina da OMIX, situada nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ponteareas, na rúa A Perillana. Para máis información é posible chamar ao número de teléfono 672 10 54 68.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.156

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.