GONDOMAR
Campamento urbán Gondoverán
A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha, por quinto ano consecutivo, o campamento Gondoverán cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.
Gondoverán é un campamento de lecer e tempo libre para fillas e fillos de familias traballadoras, ademais dunha Medida Municipal de Conciliación de Promoción Autonómica, validada como tal pola Secretaría Xeral de Igualdade no 2012.
Polo tanto o seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo en horario de 9 a 14h con posibilidade de 8 a 15h, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral da nena/o a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.
Contarase con 100 prazas para rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nados entre os anos 2003 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2013 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas libres serán admitidos/as doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar.
O prezo será de 65€ neno/a.
A inscrición realizarase do 4 ao 18 de maio a través do Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8.30 a 14h e sábados de 9 a 13h.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149