Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 30 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Secretaría Xeral de Deportes renovará as pistas de tenis do Parque Público A Canuda

[Img #24512]

 

O Alcalde de Salvaterra explicoulle ao Delegado da Xunta en Vigo en que van a consistir as obras de renovación das pistas de tenis, e que se engloba dentro da mellora dos equipamentos deportivos que está levando a cabo o Concello. Estas pistas teñen moitos anos e moito uso, xa que sobre todo aos fins de semanas son moitas persoas as  que se achegan a Canuda para practicar este deporte. Temos que ter en conta que ao longo do mes son centos de persoas, non so da comarca, senón de toda a provincia e norte de Portugal  as que se desprazan hasta Salvaterra para practicar diversas actividades deportivas e lúdicas, o Parque Público A Canuda é un dos espazos naturais con máis afluencia nestes momentos.  Este proxecto pretende renovar o firme das pistas e as redes da mesmas, e así mellorar o servizo gratuíto ofrecido polo municipio.

 

O Delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves,  visitou co Alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal Vaqueiro, as pistas de tenis do Parque Público A Canuda, para ver de primeira man as necesidades de renovación das mesmas, obras que vai realizar a Secretaría Xeral de Deportes por un importe de 40.000€ e cas cales se pretende por en valor unha das diferentes alternativas deportivas que ofrece o noso Concello.

 

Salvaterra de Miño é un Concello comprometido co deporte e coa vida saudable, inviste na mellora dos equipamentos deportivos e pon en valor o patrimonio a través de diferentes rutas de sendeirismo polos seus ríos e invita aos seus veciños e visitantes a levar uns hábitos saudables.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.