Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 27 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos xa ten Conservatorio Profesional

Estará ubicado en Torroso, berce da música mosense.

[Img #24521]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, o presidente da Escola de Música e Danza de Mos, Iván Rey Grandal, e a directora da Escola de Música e Danza de Mos, Ángeles Lorenzo Estévez, xunto cun grupo de alumnos e alumnas da Escola presentaron onte pola tarde a implantación do primeiro curso do Conservatorio Profesional de Música de Torroso.


Deste xeito Mos contará por primeira vez na súa historia co Grao Profesional de Música grazas ó cal os e as mosenses non terán que desprazarse ata Vigo, Redondela, Tui ou Ponteareas para poder estudiar.
Ó igual que a Escola Municipal de Música, o Conservatorio Profesional terá sede no novo Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso e as clases darán comezo en setembro co inicio do vindeiro curso 2016-2017.


Actualmente e dende o pasado luns 25 de abril atópase aberto o prazo de inscrición para realizar as probas de acceso, prazo que rematará o vindeiro 6 de maio. As probas terán lugar no mes de xuño e as matriculacións deberán formalizarse durante a primeira semana de xullo. O Conservatorio Profesional de Torroso ofertará un total de 34 prazas das seguintes 15 especialidades: clarinete, contrabaixo, fagot, frauta traveseira, gaita, guitarra, oboe, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba e violín.


Ata o de agora e dende o luns xa se inscribiron para as probas de acceso varios nenos e nenas de fóra de Mos, concretamente do Rosal e de Bembrive (Vigo).


Ó Grao Profesional de Música pódense presentar  todas as persoas de 12 anos de idade en diante. No Conservatorio de Torroso poderán estudiar tanto os xa matriculados na Escola de Música de Mos coma os que non o estean. O único requisito para acceder é superar as probas de acceso.


Este primeiro ano porase en marcha o primeiro curso de Grao Profesional que se irá implantando de xeito gradual ata chegar ó sexto curso e conseguindo así, no curso 2021-2022, a primeira promoción con formación profesional completa neste Conservatorio.


Actualmente a Escola de Música de Mos conta con 350 alumnos e alumnas de tódalas idades, para dar resposta ós cales surxiu o ambicioso proxecto de implantar o Conservatorio Profesional. Moitos deles tiñan interese por continuar a súa formación ó rematar o Grao Elemental e tiñan que desprazarse a outros municipios ata o de agora.


E é que o Grao Profesional supón unha saída laboral para os estudiantes, xa que con este título o alumnado está capacitado e titulado para exercer como mestre de música.


As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, eloxiaron onte todo o labor realizado a este respecto pola Escola Municipal de Música e Danza de Mos, sita en Torroso, berce musical da localidade mosense. Así mesmo agradeceron á Comunidade de Montes de Torroso a súa colacoración neste proxecto e en todos os que teñen que ver coa promoción da música e da cultura en Mos, xa que cómpre lembrar que o Centro Dotacional que alberga a Escola e o Conservatorio é propiedade dos comuneiros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.