Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 28 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O goberno de Nigrán leva a Pleno a inrcorporación do Concello a futura Área Metropolitana

O alcalde de Nigrán destaca a importancia de que a lei "saia adiante canto antes porque beneficiará a tódolos veciños ao ofrecer mellores servizos a menor custo".

[Img #24526]

 

O goberno de Nigrán levará ao Pleno de hoxe xoves a moción para aprobar a modificación da Lei de Área Metropolitana de Vigo, entidade supramunicipal da que Nigrán formaría parte xunto cos outros trece concellos do sur da provincia. A aprobación do anteproxecto lexislativo en Pleno por parte de tódolos seus compoñentes é o paso previo e necesario para que o texto sexa ratificado polo Consello da Xunta e aprobado polo Parlamento galego antes do verán co fin de evitar o paréntese das eleccións autonómicas. Será o final dun proceso que contempla o texto reformado con respecto a lei de 2012, que non contaba co respaldo necesario.


"É moi importante que a lei saia adiante canto antes porque para os veciños de Nigrán significará que teñan mellores servizos a menor coste e, polo tanto, vivir mellor", destaca Juan González, alcalde de Nigrán, quen suliña que "a nova lei conta esta vez co consenso de tódolos seus integrantes despois de sentarse  xuntos a dialogar".

 

Entre os beneficios do área está a posibilidade de mancomunar transporte, auga e recollida de residuos sólidos.   
Ademáis de Vigo, a lei delimita o ámbito territorial do Área aos municipios de Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, Porriño, Salceda y Salvaterra de Miño.

 

Unha vez aprobada definitivamente tramitaríase a súa ampliación aos municipios interesados en sumarse, como é o caso de Tui,Tomiño, A Guarda, Vilaboa, Mondariz, Ponteareas, As Neves, Oia, O Rosal e A Cañiza. Con todos suman unha poboación cercana aos 600.000 veciños.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.