Mos
Arévalo mantén un encontro con afiliados mosenses para animalos a participar na elección de compromisarios
Trátase da primeira cita da nova etapa do PP de Mos, "que se caracteriza pola proximidade ós veciños e a presencia nas redes sociais"
![[Img #24537]](upload/img/periodico/img_24537.jpg)
O Partido Popular de Mos ven de anunciar recentemente o inicio “dunha nova etapa marcada polas melloras na súa sede local, a inmersión nas redes sociais, o inicio dunha campaña de afiliación e a organización de eventos sociais e culturais de interese xeral; todo elo de cara a poñer en marcha o engranaxe de funcionamento do partido no ámbito local e para quentar motores de cara ás vindeiras citas electorais”.
E a primeira cita desta nova etapa tivo lugar onte no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos, onde a alcaldesa popular mosense e vicepresidenta provincial do partido, Nidia Arévalo, e o presidente local do PP, Camilo Augusto, presidiron un encontro ó que foron convocados os afiliados populares, aínda que era aberto para todos os simpatizantes e/ou interesados que quixesen asistir.
Entre os temas que se trataron neste encontro estivo a elección de compromisarios do Partido Popular para o XVI Congreso Rexional que se celebrará os días 7 e 8 de maio, na que Arévalo animou a participar a todos os afiliados mosenses. Ao PP de Mos correspóndelle a elección de 8 compromisarios.
Así mesmo, a vicepresidenta do PP de Pontevedra tamén informou durante a xuntanza sobre a actualidade do partido tanto a nivel local como provincial, e escoitou as inquedanzas e suxestións dos afiliados populares mosenses. Nidia Arévalo declarou a este respecto que “considero estes encontros periódicos de convivencia e intercambio de opinións moi enriquecedores para este noso grupo municipal popular”.
Pola súa banda o presidente local do PP de Mos, Camilo Augusto, aproveitou para informar de que nesta nova etapa a sede dos populares mosenses atópase aberta ao público tres días á semana: os luns, mércores e venres. Os luns e venres a sede abre en horario matinal de 09.00 horas a 13.00 horas e os mércores en horario de tarde, de 16.00 horas a 20.00 horas.
Na sede de Petelos acometéronse melloras materiais e agora realizarase tamén unha campaña de afiliación. Camilo Augusto declarou a este respecto que “aínda que o PP de Mos conta cun groso número de afiliados, rexistrouse últimamente a demanda entre os simpatizantes de abrir un novo período para realizar novas afiliacións”.
Outra novidade na que se está a traballar dende o Partido Popular mosense é na creación dunha páxina web máis funcional e atractiva acorde cos novos tempos que corren, na que todos os usuarios da mesma poidan contar cun espazo de consulta e participación. Ó tempo que se moderniza a web do partido, outro obxectivo será dinamizarse tamén nas redes sociais partindo do xa existente perfil de Facebook de Populares de Mos, que servirá de base a esta campaña de enfatización e presencia nas redes sociais.
Todo este labor que se está a desenvolver e que continuará o longo dos vindeiros meses conta co apoio complementario e indispensable das persoas que conforman a directiva local do PP de Mos, así como de novas incorporacións humanas que decidiron sumarse a este proxecto.
Nidia Arévalo concluía a súa intervención desta tarde asegurando así mesmo que “dende o Partido Popular de Mos cremos que o labor de partido debe extenderse moito máis aló da sede, por iso trataremos tamén de ser máis activos na organización de eventos nos que poidan participar afiliados e simpatizantes”. Esta nova etapa surxe despois das derradeiras eleccións municipais celebradas en maio do ano pasado, para activar o funcionamento do partido no ámbito local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180