Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 30 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Aberto o prazo de inscrición nun curso para que os maiores lle saquen o máximo partido aos seus móbiles

Ata o 5 de maio poderán apuntarse nesta acción formativa totalmente gratuíta.

A concellería de Participación Cidadá de Mos organiza un curso para maiores titulado ‘Coñece o teu móbil’ que dará comezo o luns 9 de maio  e rematará o xoves 30 de xuño.

 

Impartirase no Multiusos das Pozas  en horario de 12.00 horas a 13.30 horas. Trátase dunha acción formativa totalmente gratuíta.

 

Os destinatarios/as desta iniciativa son todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. No caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e as persoas non empadroadas en  Mos.

 

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben  descargándoa da web do Concello: www.mos.es O prazo de solicitude estará aberto ata  o 5 de maio. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello.

 

Unha vez entregada a documentación pertinente, farase a comprobación de que se cumpren os requisitos. O día 6 de maio farase pública a lista de admitidos/as.  

 

Obxectivos do curso

Entre as persoas de maior idade hai dous grandes mitos asociados ao uso de teléfono móbil: o primeiro  que eles non precisan estes aparatos porque nunca antes os empregaron, e o segundo, que debido a súa complexidade, non van a saber como usalos. Ambas crenzas son totalmente infundadas, xa que os terminais móbiles ofrecen numerosas prestacións para os maiores, e tamén son cada vez máis fáciles de utilizar.


Por si todo isto fose pouco, os teléfonos móbiles tamén dan solución a dous dos principais temores das persoas da terceira idade. Un é a soidade -un porcentaxe moi elevado de persoas maiores viven e se senten soas-, asociado sobre todo á distancia dos seus seres queridos, e o outro é o medo a que lles suceda algún imprevisto -como un accidente doméstico, por exemplo- e que ninguén poida asistilos a tempo.


O feito de contar cun teléfono móbil a man permite liquidar ambas preocupacións, xa que cun aparato de este tipo os maiores poderán manterse en contacto cos seus familiares mediante varias vías: Skype, WhatsApp, Viber…
Por todos estes motivos, o proxecto ‘Coñece o teu móbil’ é un taller educativo concibido para que as persoas maiores participen plenamente na Sociedade da Información, e como consecuencia, melloren sensiblemente a súa calidade de vida grazas ó uso cotiá das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

 

Neste sentido, ademais de proporcionar calidade de vida as persoas maiores, as novas tecnoloxías poden favorecer a súa comunicación e relación co entorno, evitando unha clase de exclusión que presenta nos nosos días a alfabetización dixital, e que incide neste colectivo de maneira importante.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.