MOS
A Piscina Municipal de Mos acolle a quinta edición do Campionato de Natación Escolar Val da Louriña
Celebrarase o 7 de maio e o prazo de inscrición remata o 30 de abril.
O Club Natación Mos organiza, coa colaboración do Concello de Mos, o V Campionato de Natación Escolar Val da Louriña que se celebrará o vindeiro 7 de maio na Piscina Municipal mosense sita no Pavillón Óscar Pereiro.
Dende o Club Natación Mos informan de que este campionato está programado para nadadores non federados e non inscritos en clubs de natación, que teñen de prazo de inscrición ata pasado mañá sábado, día 30 de abril.
Todas as nenas e nenos que desexen participar deberán entregar a folla de inscrición na Piscina Municipal os luns, mércores e venres en horarios de 08.00 horas a 14.30 horas e de 16.00 horas a 22.00 horas; os martes e xoves ininterrumpidamente de 08.00 horas a 22.00 horas e o sábado de 10.00 horas a 12.45 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas.
O límite de prazas de participación é de 140 e serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude de inscrición.
Esta competición consta de catro categorías mixtas: na primeira competirán nenos e nenas de 6 e 7 anos de idade nados nos anos 2009 e 2010 realizando unha proba de 25 metros crol, na segunda categoría os/as nados/as en 2007 e 2008 con 8 e 9 anos de idade e realizando unha proba tamén de 25 metros crol; na terceira incluiranse os de 10 e 11 anos nados en 2005 e 2006 e que realizarán unha proba de 50 metros crol; e por último a cuarta categoría incluirá ós rapaces/as de 12 e 13 anos de idade nados en 2003 e 2004 e que farán tamén a proba de 50 metros crol.
O día da celebración do campionato abriranse as portas da piscina ás 16.15 horas da tarde, mentres que a competición dará comezo ás 17.00 horas. A exposición da lista de tempos dos nadadores/as participantes exporase no taboleiro da piscina.
Todos os participantes deberán acudir equipados con óculos de natación, gorro e calzado de piscina, e bañador.
Ó remate das probas realizarase a entrega de premios, consistente en diploma e agasallos para todos os participantes e medallas para os tres primeiros clasificados por categoría e xénero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180