Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 29 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A Plataforma 1º de Maio anima a toda a veciñanza a manifestarse en defensa dos dereitos dos traballadores

En pleno século XXI, o ataque sistemático que sofre a Clase Traballadora por parte do capital é unha realidade cotiá. Cada vez con máis brutalidade, e coa escusa da crise económica, o sistema tenta anular os dereitos acadados na loita obreira.

 

Distintos colectivos, sindicatos e partidos políticos de Ponteareas, organizados na Plataforma 1º de Maio, convocan unha manifestación este domingo polo Día Internacional da Clase Traballadora. A manifestación sairá ás 19:00 dende o Concello de Ponteareas e percorrerá diversas rúas da vila.

 

A Plataforma 1º de Maio anima a toda a veciñanza de Ponteareas e da comarca a manifestarse en defensa dos dereitos da Clase Traballadora.

 

Lembran tamén, nestes momentos previos a unhas novas eleccións xerais, que sen a plena concienciación das traballadoras e traballadores e a súa loita, nada mudará realmente goberne quen goberne, xa que, como repetidamente recoñecen os nosos mandatarios, o poder non reside actualmente nos gobernos, senón na banca e nos mercados financeiros. Este contexto pode mudar se a Clase Traballadora, auténtica creadora de toda a riqueza, toma conciencia da súa condición e situación, e planta cara ás agresións do capital.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.