Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 03 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
AS NEVES

Centenario de Miss Ledya e Ano Castelao

O Concello organiza unha serie de proxeccións da curtametraxe Miss
Ledya no 1o andar do edificio de Correos.

[Img #24543]Realizado por José Gil sobre un argumento de Rafael López del Haro e estreado no ano 1916, trátase do primeiro filme galego de ficción, que chegou ata os nosos días grazas aos materiais conservados polo Museo de Pontevedra e restaurados polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). A película reflicte espazos coma o Gran Balneario da Toxa e as ribeiras do Lérez para recrear as peripecias de Miss Ledya, sobriña do multimillonario Míster Kazton, na súa viaxe á nosa terra.

 

Na obra tamén participou Castelao, considerado como a figura máis importante da cultura galega do século XX e a quen se lle dedicou este ano o Día das Artes Galegas, feito que motivou que a Deputación de Pontevedra nomease o 2016 como Ano Castelao.

 

A Concellería de Cultura conmemora así estes dous fitos de xeito simultáneo. O Ano Castelao, polo que houbo e haberá máis actividades, e os 100 anos da estrea da película Miss Ledya de José Gil, quen non só foi un fotógrafo e director pioneiro no cinema galego senón que ademais, era natural de Rubiós (As Neves).

 

A primeira proxección foi o venres 29 de abril ás 20:00 h. As seguintes faranse o domingo 8 de maio ás 16:00h e o sábado 14 de maio ás 12:30h.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.