Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 30 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas descobre este sábado a placa da rúa Rogelio Groba Groba

A descuberta realizarase nun acto que terá lugar o sábado 30 de abril e que contará coa presenza do compositor homenaxeado.

O 30 de abril, ás 19:00 horas, dará comezo o acto oficial de descuberta da placa da rúa Rogelio Groba Groba, en homenaxe ao afamado compositor ponteareán, que terá lugar ao pé da Casa do Concello.

 

Deste xeito, a rúa Darío Bugallal pasará a chamarse rúa Rogelio Groba Groba. O acto contará coa presenza do propio compositor (Fillo Predilecto de Ponteareas) e da Banda de Música Unión de Guláns, que interpretará a música do mestre.

 

Rogelio Groba vén de entregar ao Concello, esta mesma semana, A Marcha das Flores, unha obra especialmente dedicada ao Corpus de Ponteareas e que o propio músico definiu “como un acto de agradecemento á corporación ponteareá que decidiu homenaxearme dándolle o meu nome a unha rúa na miña vila natal, o cal supón un enorme honor para min”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.