MOS
Mos engrosa a súa plantilla municipal con catro becarios
Dous deles levarán sendos proxectos de gran relevancia para o Concello: a Aula de Integración e a Oficina de Turismo.
![[Img #24559]](upload/img/periodico/img_24559.jpg)
A alcaldesa de Mos e a concelleira de Persoal mosense, Sara Cebreiro, informaron esta semana da nova incorporación á plantilla de traballadores do Concello de Mos de catro becarios con contrato de seis meses prorrogable a outros seis meses máis.
Estes catro novos traballadores son unha diplomada en Educación Social, unha licenciada en Psicopedagoxía, un graduado en Ciclo Superior en Información e Comercialización Turística e unha diplomada en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
A educadora social e a psicopedagoga traballarán nos departamentos municipais de Educación e Participación Cidadá realizando prácticas laboráis relacionadas coa dinamización xuvenil e cidadá, participación nas distintas actividades programadas e dirixidas a nenos e nenas, ademais da promoción e fomento da participación cidadá da poboación do municipio en diferentes actividades programadas o período 2016. Entre os proxectos de maior relevancia que levarán atópase a aula de integración para alumnos/as expulsados temporalmente das clases no IES de Mos por problemas de conducta ou comportamento.
A diplomada en Relacións Laborais e Recursos Humanos prestará apoio aos servizos de Orientación Laboral e Asesoramento a Emprendedores da Axencia de Colocación de Mos.
E o bolseiro de Turismo prestará apoio ás actividades desenvolvidas dende a área de Turismo e Cultura do Concello de Mos fundamentalmente mediante a atención do punto de información turística municipal, sito en As Angustias, parroquia de Sanguiñeda, onde realizará labores de promoción turística dos recursos arquitectónicos, patrimoniais, culturais e etnográficos do Concello entre tódolos visitantes que se achegan a dita Oficina de Turismo e entre os que predominan peregrinos do Camiño de Santiago Portugués que xustamente pasa por ese punto.
As representantes locais, Arévalo e Cebreiro, declararon sentirse “satisfeitas de ter ampliado a plantilla laboral municipal” a través do Plan de Práctica Laboral nos Concellos da Provincia da Deputación de Pontevedra -que se ven desenvolvendo dende fai xa varios anos-, “o que permitirá optimizar a xestión en varios departamentos e concellerías da administración mosense, ademais de constituír para os propios bolseiros unha oportunidade para desenvolver habilidades e actitudes tendentes a que logren un desempeño profesional competente”.
E é que as prácticas laboráis forman un exercicio guiado e supervisado onde se poñen en práctica os coñecementos adquiridos durante o proceso formativo do estudante. Permiten resolver situacións e problemáticas reais que contribúen a por en práctica a formación teórica recibida polo/a alumno/a.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101