Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21
Martes, 03 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño premia os seus mellores estudiantes

O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar en Xunta de Goberno as bases da undécima convocatoria "Premios Educación - Curso 2015/2016"

Salvaterra de Miño foi un dos primeiros e dos poucos concellos que premia a excelencia académica. Dende fai máis dunha década premia o esforzo e dedicación dos estudantes do seu municipio.


Estas bolsas ou premios nacen co ánimo de incentivar o estudio e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os mozos, xa que será a base do seu futuro.


 
Este venres, en Xunta de Goberno, aprobáronse as bases que rexerán os Premios de Educación para este curso académico 2015/2016. Toman parte neste concurso o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres Centros de Educación Primaria de Salvaterra ( CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares), establecéndose os seguintes PREMIOS:
 

  • 14 LOTES informáticos compostos por unha Tablet Samsung   galaxe, con funda, memoria e powerbank
  • 3 BOLSAS DE ESTUDIOS que consistirán nunha viaxe a Reino Unido - Worthing (costa sur de Inglaterra) co obxecto de perfeccionar alingua inglesa. Esta viaxe terá unha duración de tres semanas e levaranse a cabo no mes de agosto do ano en curso, con todos os gastos pagoss, incluíndo desprazamentos, aloxamento, un curso de inglés, material escolar, tarxeta de trasporte, actividades...

 
Os lotes informáticos distribúense entre o alumnado con mellor expediente académico de 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeiraría e Soldadura, de FP Básica de Carpintaría e moble,  de 4º de ESO e os alumnos de primaria


 
As tres bolsas de estudio entre os mellores expedientes de 2º de Bacharelato.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.