MOS
Mos elabora un proxecto para restaurar un cruceiro situado en pleno Camiño de Santiago
A administración local mosense buscará fondos para a restauración do Cruceiro do Santísimo Cristo da Victoria nos Cabaleiros, datado de 1734 e protexido por Patrimonio.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada do arquitecto municipal e unha técnico en restauración, visitaron a semana pasada o Cruceiro do Santísimo Cristo da Victoria, nos Cabaleiros, parroquia de Mos.
Cruceiro sobre o que Arévalo, rexedora local mosense, informou de que o Concello está a redactar un proxecto técnico de restauración que consistirá en eliminar líquenes e contras (mediante diferentes técnicas de limpeza e aplicación de biocidas), eliminar o encintado de cemento e policromía sintética actuáis, eliminación das intervencións pouco adecuadas como: o repintado, a colocación de valo metálico, a estrutura metálica para luces na parte superior e o amaño da contorna.
A restauración de todo o conxunto, coa eliminación de pintura, estrutura superior e pechado, ademais de cubrir con pedra a zona do primeiro chanzo, cambiar a liña que vai por encima, e as hornacinas para as velas ten un orzamento aproximado duns 8.000 euros máis IVE, ós que hai que sumarlles unha inversión de 6.000 euros máis IVE para a acometida do soterramento da liña eléctrica que afea o ben. En total adicaríanse uns 14.000 euros máis IVE á optimización do Cruceiro dos Cabaleiros.
O cruceiro, que está catalogado e protexido por ser Patrimonio Cultural de Galicia, data do ano de 1734. A súa medida total é de 5,80 metros de altura aproximadamente. Atópase colocado nun cruce de camiños por onde transcorre o Camiño de Santiago Portugués e, neste sentido, Nidia Arévalo destacou que “ademais de que a restauración deste singular elemento patrimonial da parroquia de Mos era unha importante demanda veciñal, o interese por parte da administración local de rehabilítalo e mellorar o seu estado e aspecto ven dado tamén polo gran interese deste Concello na posta en valor do Camiño ó seu paso por Mos, xa que é un dos nosos principais e máis relevantes recursos turísticos, patrimoniais e históricos”, explicou a alcaldesa mosense.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101