TURISMO
Galicia incrementou os seus viaxeiros o pasado mes nun 22,7%
Galicia incrementou tamén no pasado mes as súas pernoitas, nun 26,7% neste caso, contabilizando preto de 545.000, a cifra máis alta dos últimos oito anos.
![[Img #24556]](upload/img/periodico/img_24556.jpg)
Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), no pasado mes de marzo Galicia rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados do 22,7%, ata situarse preto dos 282.000. Así mesmo, subiron tamén no pasado mes as pernoitas nun 26,7%, neste caso, contabilizándose preto de 545.000 no conxunto da comunidade.
Grazas a estes incrementos Galicia superou novamente o nivel do medio millón de noites desde o ano 2010 acadando o volume máis elevado dos últimos oito anos. En termos de viaxeiros aloxados, a nosa comunidade rexistrou neste ano o dato máis elevado desde o 2008 nun mes de marzo.
A nivel estatal observouse un crecemento xeneralizado dos niveis da demanda turística regrada, do 21,1% no relativo á cifra de viaxeiros aloxados e do 21,4% no que atinxe ás pernoitas.
O turismo nacional incrementou o seu volume de viaxeiros nun 30% e o turismo internacional superou nun 15,8% a cifra acadada en marzo de 2015
No que se refire aos dous grandes segmentos de mercado, neste mes de marzo, Galicia rexistrou un comportamento homoxéneo, tanto o nacional coma o internacional contribuíron aos bos resultados acadados neste mes.
Subiu o turismo nacional, nun 29,9%, consecuencia esencialmente do crecemento da cifra de viaxeiros españois aloxados nos establecementos regrados de Galicia, do 24,1%, neste caso.
Pola súa parte, o turismo internacional incrementou nun 15,8% o volume da súa cifra de viaxeiros e nun 10,2% as súas pernoitas.
Debido a estes incrementos, ambos os segmentos de mercado acadaron neste ano o nivel de demanda máis elevado nun mes de marzo desde 2008.
Neste terceiro mes do ano o 89,8% da demanda turística regrada rexistrada en Galicia correspondeu aos establecementos hoteleiros porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis – que representaron o 73%- como ás pensións –co 16,8% neste caso-. O 10,2% restante situouse no segmento extrahoteleiro, porcentaxe que neste caso reúne aos apartamentos turísticos –que representaron o 4,7%-, aos establecementos de turismo rural –que supuxeron o 4,5% neste caso- e aos cámpings –que representaron neste mes de temporada baixa o 1,0% do total da demanda regrada-.
En canto ao incremento da demanda segundo as tipoloxías de aloxamento, destacan por intensidade as subas rexistradas nos establecementos extrahoteleiros que dobraron o volume de pernoitas de marzo de 2015. No segmento hoteleiro observouse tamén un comportamento positivo con incrementos da demanda tanto nos hoteis –do 22,2%- coma nas pensións –do 19,0% neste caso-. No caso dos viaxeiros aloxados os incrementos sitúanse neste caso no 20,7% nos establecementos hoteleiros e no 52,0% nos extrahoteleiros.
En termos de ocupación, destaca a mellora rexistrada nos apartamentos turísticos que incrementan en 8,9 puntos porcentuais as súas cifras do pasado ano.
Primeiro trimestre do ano
No primeiro trimestre do ano, Galicia superou a cifra dos 620.000 viaxeiros, o que supón un incremento do 16,5% con respecto ao mesmo período do pasado ano. O número de pernoitas incrementouse tamén, nun 18,0% neste caso, acadando a nosa comunidade máis de 1,16 millón de noites.
Estes incrementos permitiron que a nosa comunidade superase por vez primeira dende 2010 o nivel do millón de pernoitas nos tres primeiros meses dos anos e acadase o dato de viaxeiros máis elevado dende o 2008.
A nivel estatal observouse tamén unha mellora dos niveis de demanda. En concreto a cifra de viaxeiros aloxados subiu un 15,6% mentres que as pernoitas incrementáronse un 14,7%.
Os establecementos extrahoteleiros dobraron o volume de pernoitas rexistradas no marzo de 2015
Os dous principais segmentos de mercado mantiveron unha tendencia positiva, subindo o turismo nacional, un 19,9% no tocante as pernoitas e un 17,3% no que atinxe aos viaxeiros e o turismo internacional nun 7,8% as súas pernoitas e nun 12,0% os seus viaxeiros.
En canto ao crecemento da demanda segundo as tipoloxías de aloxamento, destacan por intensidade as subas rexistradas nos apartamentos turísticos, nos establecementos de turismo rural e nos hoteis, do 74%, 38% e 16% respectivamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208