Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 30 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

60 xadrecistas daranse cita esta fin de semana en Torroso nunha Liga Interescolar organizada polo Club de Xadrez Mos

Participarán alumnos e alumnas de sete centros educativos mosenses

[Img #24562]

 

O concelleiro de deportes de Mos, Alberto Méndez, informou hoxe da celebración esta fin de semana da II Liga de Xadrez Interescolar Mos organizada polo Club de Xadrez Mos e que terá lugar no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso.

 

O torneo levarase a cabo mañá sábado 30  de abril e o domingo día 1 de maio e trátase dunha liga entre todos os colexios de Mos. Cada centro forma un ou varios equipos de nenos e nenas. O obxectivo do torneo non é outro que dar continuidade ao proxecto de difusión do xadrez levado a cabo polo Club Xadrez Mos no Concello de Mos, e levar o xadrez a todas as parroquias e centros educativos mosenses.

 

O sábado a fase de clasificación comezará ás 16.15 horas e rematará ás 19.50 horas e o domingo a fase final será de 16.30 horas a 20.45 horas, momento no que se realizará a clausura e entrega de premios.

 

Na primeira edición desta Liga Interescolar celebrada o ano pasado non participaron todos os Centros de Educación Infantil e Primaria do Concello, pero este ano sí e a competición conta coa participación dos 5 colexios públicos do Concello, do Instituto e do Colexio Lar. Contando polo tanto cun total de sete centros participantes nesta ocasión.

 

En total hai 57 rapaces e rapazas dos sete centros educativos incritos na Liga Interescolar que dará comezo mañá sábado e rematará o domingo. Brais Otero Nogueira do Club de Xadrez Mos será o director do torneo.

 

O evento desenvolverase da seguinte maneira: 11 equipos distribuídos en 2 grupos, de tal xeito que os 2 grupos xogan o sábado unha fase de clasificación, e o domingo fórmanse 2 novos grupos; un cos vencedores do sábado, e outro cos perdedores. Neses grupos do domingo dispútase o título do torneo.

 

Beneficios do xadrez

Respecto do xadrez o edil Alberto Méndez falou dos seus beneficios específicos a nivel educativo que son:  que permite o desenvolvemento de calquera das competencias educativas básicas, destacando a competencia matemática, promove unha gran cantidade de práctica na resolución de problemas, ofrece castigo e recompensa inmediatos na resolución de problemas, aumenta o grado de concentración e memoria, e favorece o adestramento en atención, favorece o desenvolvemento e organización do pensamento: analizar, interpretar, sintetizar, valorar, aplicar, razoar, etc.; desenvolve a intelixencia emocional e os valores persoais, e crea patróns e sistemas de pensamento que soen conducir ao éxito cando se usan con consistencia.

 

Os estudantes que xogan ao xadrez se acostuman a procura de diferentes alternativas, o que resulta en mellor puntuacións en fluidez e orixinalidade. A competencia estimula o interese e promove a alerta mental, reta aos estudantes e favorece o sentimento de logro. Un medio de aprendizaxe organizado a través dos xogos ten un efecto positivo na actitude dos estudantes sobre a aprendizaxe. Esta dimensión afectiva actúa como facilitador dos logros cognitivos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.