Galicia
UGT e CCOO chaman a cidadanía galega a mobilizarse “Contra a pobreza salarial e social. Traballo e dereitos”
Ambos sindicatos convocan en Galicia nove manifestacións para esixir outras políticas
O S.N. de CCOO e UGT-Galicia fan un chamamento á cidadanía galega a participar nas manifestacións convocadas para este Primeiro de Maio baixo o lema “Contra a pobreza salarial e social. Traballo e dereitos”.
Ambos sindicatos convocaron manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Viveiro, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo. Nesta última participaron os secretarios xerais, José Antonio Gómez Gómez (UGT-Galicia) e Xosé Manuel Sánchez Aguión (S.N. de CCOO de Galicia).
CCOO e UGT esixen unha nova política que sitúe en primeira liña a recuperación do emprego estable e dos dereitos económicos e laborais arrebatados. Cómpre unha distribución máis xusta da riqueza xerada entre salarios e beneficios para alcanzar un verdadeiro modelo social e democrático.
A sociedade española que sae da recesión é máis inxusta e en Galicia a degradación social e laboral tamén resulta evidente. 164.000 persoas perderon o seu emprego nestes últimos seis anos e as que o conservan sofren cada vez máis a precariedade. Todo isto sumado a un sistema de protección por desemprego que cobre cada vez a menos persoas. Isto conduce a situacións extremas para moitas familias.
Por todo isto, UGT e CCOO insiste en que a denuncia da cidadanía é máis necesaria que nunca, polo que chaman á participación nas manifestacións convocadas para este Primeiro de Maio en Galicia

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149