Miércoles, 14 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 30 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Mos, Baiona, Redondela, Soutomaior, Salvaterra e Pazos avisan de que se Vigo non cumple o compromiso co transporte bloquearase a Área Metropolitana

Os alcaldes destes concellos ofreceron hoxe unha rolda de prensa preocupados ante unha nova e “sospeitosa” convocatoria de reunión de Abel Caballero

[Img #24566]

Esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos unha rolda de prensa sobre a modificación da Lei da Área Metropolitana de Vigo á que asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o alcalde de Redondela, Javier Bas, o acalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, e o tenente alcalde de Soutomaior, Ramón Ángel Fernández Garrido. Excusou a súa ausencia o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, que estaba previsto que tamén asistise.

 

O acto foi convocado ante a preocupación dos representates destes seis municipios metropolitanos por unha convocatoria do alcalde de Vigo, Abel Caballero, para una nova reunión sobre a modificación da devandita Lei, a celebrar o vindeiro mércores 4 de maio ás 11.30 horas na Casa Consistorial viguesa. A preocupación ven dada polo ambiguo e sospeitoso da convocatoria que inclúe, literalmente, na orde do día un tema a tratar que sería “o estado do transporte metropolitano ou a decisión de incorporación a dito transporte por parte do Concello de Vigo” (adxúntase á presente nota de prensa); cando con data de 22 de febreiro Caballero xa asinara a acta de compromiso de incorporación da súa localidade ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, quedando tan só pendente pola súa parte a sinatura do convenio.

 

“O 22 de febreiro esixímoslle a Caballero o convenio do transporte, nas mesmas condicións que o resto de concellos, asinado por Vigo; e a sinatura dun compromiso que finalmente firmou (adxúntase á presente nota de prensa), por iso que nos convocase para o mércores preocúpanos e queremos poñer por adiantado a nosa postura de que, se o alcalde vigués non cumple o comprometido, o proceso se bloqueará”, insiste Nidia Arévalo.

 

Neste sentido a rexedora local mosense declarou que “xa os 14 concellos fixemos todos os trámites previos necesarios para a aprobación da modificación da Lei polo Consello da Xunta de Galicia, que eran a aprobación polos Plenos municipais e o envío dos borradores á Dirección Xeral de Administración Local e á Vicepresidencia da Xunta; estando pendente únicamente o trámite de que o señor Caballero asinase o convenio do transporte metropolitano, do que estábamos á espera e, cal é a nosa sorpresa que, en vez de asinalo e facer pública asinatura, convócanos a una nova xuntanza”.

 

Arévalo asegura que “en todo o proceso metropolitano os alcaldes do PP tivemos unha postura xenerosa e flexible, coa única condición inamovible de que Vigo entrase no transporte metropolitano. Finalmente o 22 de febreiro Abel Caballero accedeu a aceptar dita condición e, por iso, temos que anunciar hoxe aquí que se o alcalde de Vigo non asina o convenio quedará totalmente bloquedada a Área Metropolitana sen volta atrás. Ogallá non sexa así pero temos firmes sospeitas de que a sinatura non se vai producir”, explica a alcaldesa de Mos, quen lamenta a súa vez que “se se materializa o que sospeitamos sería tremendamente decepcionante para os rexedores locales, pero sobre todo para os veciños e veciñas dos 14 concellos integrantes da Área, incluídos os de Vigo, que tamén se verían beneficiados polo transporte metropolitano”.

 

Así mesmo os alcaldes populares lamentan tamén que por culpa dos atrancos e retrasos de Abel Caballero a modificación da Lei da Área Metrpolitana de Vigo non vai a poder ser aprobada no Consello da Xunta de Galicia a celebrar a principios de maio, como era a previsión para botar a andar canto antes este ente supramunicipal tan beneficioso e necesario para os 14 municipios membros.

 

Para poder ser aprobada polo Consello, a modificación da Lei requería dous pasos previos que eran a aprobación en Pleno dos 14 concellos integrantes (que xa se fixo en todos) e a sinatura do covenio do transporte, que está pendente de Vigo.

 

É por iso que Nidia Arévalo adiantou esta mañá que “o mércores  só poden pasar dúas cousas: ou ben que o alcalde de Vigo traia o convenio asinado, ou ben que nos anuncie a data na que o asinará, xa que en calquera outro caso non haberá Área Metropolitana”. Sen embargo a rexedora local mosense quixo puntualizar que “ben é certo que a idea dos alcaldes dos 14 concellos membros era que unha vez que botase a andar a Área, fose esta quen deseñase o seu propio plan de transporte, pero de entrada e inicialmente o acordo foi comezar a funcionar con este plan”.

 

“E é así que a Xunta está a esperar por Vigo e nós, o resto dos alcaldes, tamén”, lamentaron os rexedores presentes na rolda de prensa de hoxe, quenes tamén dixeron que “é unha pena que puidendo ser aprobada a modificación da Lei a semana que ben polo Consello da Xunta de Galicia, non vaia ser posible se Caballero non asina o convenio do transporte metropolitano”. E é que os rexedores populares non contaban con esta nova convocatoria de Abel Caballero para o vindeiro mércores. Convocatoria que ademais, segundo declarou o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, chegoulles antes pola prensa que formalmente, xa que “puidemos lelo nos periódicos o pasado martes, mentres que non foi ata o xoves cando nos chegou a convocatoria ás Alcaldías”.

 

Rodal defendeu tamén o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia a implantar na Área de Vigo, que “sería o mismo sistema que xa está a funcionar á perfección en A Coruña e Santiago e que redundaría en beneficio de todos os habitantes da Área Metropolitana, incluídos os de Vigo”, dixo, e concluiu asegurando que “o transporte é o primeiro paso para que o proxecto da Área funcione”.

 

Pola súa banda Javier Bas, alcalde de Redondela, quixo pedirlle públicamente a Caballero “que non demore máis a data de sinatura do convenio do transporte, porque senón retrasarase todo o proceso de posta en marcha da Área Metropolitana, tan demandada e ansiada por todos”.

 

Por último, os representantes municipais de Pazos de Borbén e Soutomaior, Andres Iglesias, alcalde de Pazos, e Ramón Fernández, tenente alcalde se Soutomaior, coincidiron en concluir pedindo “que se deixe de enredar, posto que este proxecto ven xa do século pasado, xa que se iniciou no ano 1999, e non podemos seguir a perder máis o tempo”, remataron.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.