PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra adxudica o contrato para xestionar, desenvolver e executar o programa Conectadas 2016
Formagal, Formación e Servicios S.L., será a encargada de impartir 332 accións formativas para potenciar a participación e promoción das mulleres.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a Formagal Formación e Servicios S.L. o contrato, mediante procedemento aberto, para a xestión, desenvolvemento e execución do programa “Conectadas 2016”, posto en marcha polo servizo de Igualdade da institución provincial.
Formagal ofertou un prezo de 295.264,20 € para desenvolver 332 accións formativas que estarán vertebradas arredor dos oito bloques temáticos de “Conectadas 2016”: muller emprende, muller e cultura, actualízate, coas túas mans, porque ti o fas, súmate ó cambio, ponte en forma e coidados persoais.
O programa está destinado a asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e actuación, o empoderamento das mulleres, e impulsen o seu tecido asociativo, para a consecución da igualdade entre mulleres e homes.
“Conectadas 2016” ten como obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade así como o intercambio de experiencias, impulsando accións formativas e incorporando de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación nos distintos ámbitos persoal, laboral e familiar. Amais, tamén pretende contribuír a mellorar a empregabilidade das mulleres e o seu mantemento no mercado de traballo reducindo a brecha dixital mediante o emprego da información e as novas tecnoloxías.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180