MOS
O Colexio de Sanguiñeda gaña a Liga Interescolar organizada polo Club de Xadrez Mos
O segundo posto foi para o IES de Mos e o terceiro para o Colexio Lar. Participaron alumnos e alumnas de sete centros educativos mosenses.
![[Img #24634]](upload/img/periodico/img_24634.jpg)
O concelleiro de deportes de Mos, Alberto Méndez, e o tamén edil mosense Luis Alonso asistiron onte ó acto de clausura da II Liga de Xadrez Interescolar Mos organizada polo Club de Xadrez Mos e que tivo lugar no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso.
No torneo participaron máis de 60 xadrecistas repartidos en 10 equipos cuxa clasificación final quedou do seguinte xeito:
- CEIP Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda) A
- IES Mos A
- Colexio Lar
- IES Mos B
- CEIP Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda) B
- CEIP Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda) C
- CEIP Pena de Francia
- CEIP Atín
- CEIP Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos)
- CEIP Petelos
O torneo levouse a cabo o sábado 30 de abril e o domingo día 1 de maio e trouse dunha liga entre todos os colexios de Mos. Cada centro formou un ou varios equipos de nenos e nenas. O obxectivo do torneo non era outro que dar continuidade ao proxecto de difusión do xadrez levado a cabo polo Club Xadrez Mos no Concello de Mos, e levar o xadrez a todas as parroquias e centros educativos mosenses.
O sábado a fase de clasificación comezou ás 16.15 horas e rematou ás 19.50 horas e o domingo a fase final foi de 16.30 horas a 20.45 horas, momento no que se realizou a clausura e entrega de premios.
Na primeira edición desta Liga Interescolar celebrada o ano pasado non participaron todos os Centros de Educación Infantil e Primaria do Concello, pero este ano sí e a competición contou coa participación dos 5 colexios públicos do Concello, do Instituto e do Colexio Lar. Contando polo tanto cun total de sete centros participantes nesta ocasión.
En total participaron máis de 60 rapaces e rapazas dos sete centros educativos inscritos na Liga Interescolar que deu comezo o sábado e rematou o domingo. Brais Otero Nogueira do Club de Xadrez Mos foi o director do torneo.
O evento desenvolveuse da seguinte maneira: 10 equipos distribuídos en 2 grupos, de tal xeito que os 2 grupos xogaron o sábado unha fase de clasificación, e o domingo formáronse 2 novos grupos; un cos vencedores do sábado, e outro cos perdedores. Neses grupos do domingo disputouse o título do torneo.
Beneficios do xadrez
Respecto do xadrez o edil Alberto Méndez falou dos seus beneficios específicos a nivel educativo que son: que permite o desenvolvemento de calquera das competencias educativas básicas, destacando a competencia matemática, promove unha gran cantidade de práctica na resolución de problemas, ofrece castigo e recompensa inmediatos na resolución de problemas, aumenta o grado de concentración e memoria, e favorece o adestramento en atención, favorece o desenvolvemento e organización do pensamento: analizar, interpretar, sintetizar, valorar, aplicar, razoar, etc.; desenvolve a intelixencia emocional e os valores persoais, e crea patróns e sistemas de pensamento que soen conducir ao éxito cando se usan con consistencia.
Os estudantes que xogan ao xadrez se acostuman a procura de diferentes alternativas, o que resulta en mellor puntuacións en fluidez e orixinalidade. A competencia estimula o interese e promove a alerta mental, reta aos estudantes e favorece o sentimento de logro. Un medio de aprendizaxe organizado a través dos xogos ten un efecto positivo na actitude dos estudantes sobre a aprendizaxe. Esta dimensión afectiva actúa como facilitador dos logros cognitivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101