PROVINCIA
I Concurso de debuxo infantil “O ciclo da auga, unha aventura para valentes”
Entre os días 2 e 22 de Maio, o Consorcio de Augas do Louro pon en marcha o I Concurso de Debuxo Infantil “O ciclo da auga, unha aventura para valentes”.
Nel poderán participar todos aqueles nenos e nenas que se atopen cursando 3o e 4o curso de Primaria nos Concellos de O Porriño, Tui, Salceda de Caselas e Mos. Os nenos e nenas teñen que amosar nos seus debuxos como a auga chega dende a natureza ata as súas casas utilizando os diferentes elementos que forman o ciclo integral da auga. Para iso, os debuxos deberanse presentar no papel oficial que o Consorcio do Louro subministra para este concurso.
Os participantes que queiran ver unha referencia gráfica de como é o ciclo da auga poderán facelo na páxina web do Consorcio de Augas do Louro.
Entre todos os debuxos participantes realizarase una preselección de 6 debuxos por Concello. Estes debuxos estarán dispoñibles no enlace de Facebook habilitado
dende a páxina web www.consorciodolouro.es para que os usuarios poidan votar e elixir ao gañador e aos dous finalistas de cada Concello a partir do luns 30 de maio.
O premio para os catro gañadores (un por cada Concello) será unha tableta Samsung 7’’ e o premio para os oito finalistas (dous por cada Concello) será unha cámara dixital acuática.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103